(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Patrimonio

    • Inicio
    • Patrimonio
    • Inicio dos traballos de escavación arqueolóxica do proxecto «A Guarda, Mar de Sal»

    Inicio dos traballos de escavación arqueolóxica do proxecto «A Guarda, Mar de Sal»

    • Publicado por prensa
    • Categorías Patrimonio, Xerais
    • Date 28 Setembro, 2018
    O pasado luns día 24 de setembro iniciáronse os traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    O pasado luns día 24 de setembro iniciáronse os traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    En palabras de Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC), coordinador e investigador do proxecto, «empezamos a semana con moita ilusión e xa temos descuberta unha zona ampla con dúas sondaxes que amosan parte do pavimento das salinas, pero aínda é cedo para tomar conclusións precipitadas, polo que teremos que avanzar máis para seguir descubrindo todo o que esta zona agocha debaixo da terra. O noso obxectivo é comprender como funcionaban estas antigas salinas e tamén a súa cronoloxía exacta.»

    Nos primeiros días de proxecto, xa se limpou a zona das Salinas de Camposancos, descubríndose, para sorpresa de todos, algunhas salinas escavadas na rocha que aínda non estaban catalogadas.

    O pasado luns día 24 de setembro iniciáronse os traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    Na zona do Seixal trabállase nunha amplia extensión de terreo co fin de delimitar os pavimentos da salina antiga. En dúas das sondaxes realizadas xa se observa parte das estruturas que delimitan as zonas de cristalización do sal e o avance en tan só 5 días é extraordinario.

    Dado o grande interese que as escavacións están a espertar entre os veciños e tamén entre os turistas, ao longo das próximas semanas serán anunciadas visitas guiadas polas diferentes zonas onde se está traballando.

    «A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

    O pasado luns día 24 de setembro iniciáronse os traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

    O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

    O proxecto contempla a escavación arqueolóxica, traballos de topografía e prospección, documentación fotogramétrica, rutas guiadas, restauración e consolidación, instalación de paneis informativos, análise edafolóxica, datación por OSL, un proxecto de ciencia cidadá que botará a andar o próximo ano, deseño dunha páxina web, e a edición dunha guía arqueolóxica cos resultados dos traballos.

    Coa presente actuación A Guarda recuperará os traballos arqueolóxicos na zona do Seixal, buscando tanto ampliar a zona escavada no ano 2015, como manter visible unha superficie ampla dos restos de salinas que existen nesta zona, aproveitando ademais a existencia da senda litoral, para darlle un maior protagonismo e visibilidade ao xacemento, cunha interesante revalorización cultural e turística deste entorno.

    O pasado luns día 24 de setembro iniciáronse os traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    As salinas da Guarda, segundo as escavacións realizadas no ano 2015 no Seixal, poden formar parte dun complexo salineiro de cronoloxía romana de maiores dimensións. A datación destas estruturas inda non está definida. O proxecto arqueolóxico permitirá descubrir a súa verdadeira extensión e coñecer con precisión a súa cronoloxía.

    O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

    Tag:A Guarda, arqueoloxía, escavacións, Patrimonio, patrimonio do mar, salinas, seixal

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda destaca o bo funcionamento do mercado dos sábados no entorno da Alameda
    28 Setembro, 2018

    Seguinte nova

    A Guarda avanza nun padrón municipal máis áxil e eficiente
    28 Setembro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • Música para celebrar a Festa dos Avós na Guarda este domingo
      15 Xullo, 2025
    • Convocatoria de minuto de silencio contra os crimes machistas en Galicia
      17 Xuño, 2025
    • Convócase un pleno extraordinario urxente para este martes
      9 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web