María Vázquez e ‘Matria’ propoñen un xoves de cine con perspectiva de xénero
O Centro Cultural da Guarda proxecta este xoves 13 a película “Matria” de Álvaro Gago, gañadora de 5 premios Mestre Mateo 2024.
O filme “Matria” conta a vida de Ramona, de corenta anos, que vive nun contexto laboral e persoa tenso e precario. Ela tenta darlle un futuro mellor á súa filla, facendo malabarismos con múltiples traballos. Pero cando a súa filla está preparada para comezar o seu propio camiño, Ramona decátase de que, por primeira vez, pode facer algo por ela mesma.
A proxección comezará ás 20:00h no Centro Cultural o xoves 13 e, ao remate, teremos o privilexio de contar co coloquio de María Vázquez, a protagonista da película.
Esta actividade, organizada polo CIM da Guarda con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, tamén se realizará para o alumnado de 1º de Bacharelato pola mañá.