A Guarda estrea melloras nos parques infantís e as zonas recreativas
A Deputación de Pontevedra cofinanciou as actuacións de rehabilitación e mellora dos parques infantísa través do Plan Concellos 2017.
O Concello da Guarda vén de acometer actuacións de rehabilitación e mellora das áreas recreativas e os parques infantís dos que dispón a veciñanza para a práctica deportiva e lúdica ao ar libre na vila.
As instalacións reparadas son as do parque da Ribeira, o parque infantil de San Benito, o parque da subida ao Monte Torroso, a área deportiva e a zona de xogos da Portela (Salcidos), a área recreativa do Fedorento, o parque infantil do Castro e as distintas instalacións deportivas e de xogo instaladas no recinto do Centro Cultural.
O investimento total nestas actuacións ascende a 25.367,43 €, cofianciados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2017 (20.817,83€) e o Concello da Guarda (4.549,6€).
Nos próximos meses, a Concellería de Vías e Obras levará a cabo novas actuacións na praza de Salcidos, reparando a súa área recreativa e o mobiliario urbano da zona.