Modificación puntual nº5 do Plan Xeral de Ordenación da Guarda
Aprobada inicialmente a modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Guarda, por acordo do Pleno do 14 de maio de 2019, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a
información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e en Faro de Vigo e Atlántico Diario.
Máis información nos enlaces do: [DOG Diario oficial de Galicia] [pdf] e no [Portal de transparencia do Concello da Guarda]