A Guarda ofrece visitas guiadas e procesións na Semana Santa
Calquera época do ano é un bo momento para descubrir a vila mariñeira da Guarda e se a visita coincide coa Semana Santa pódese tamén participar nas celebracións relixiosas.
A Guarda é unha pequena vila que ofrece variadas propostas para cada visitante como gozar da natureza do Esteiro do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustar a nosa gastronomía e produtos locais.
Para coñecer detidamente A Guarda están dispoñibles uns mapas dixitais que convidan a percorrendo o noso territorio a través das 18 rutas e de máis de 80 puntos de interese. Estes mapas dixitais e demais información turística localízase en www.turismoaguarda.es
A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente o venres 22 de marzo, coa Procesión do «Venres de Dor», a partir das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.
A programación relixiosa da Parroquia de Santa María da Guarda continúa o domingo 24 de marzo (Domingo de Ramos) coa tradicional bendición de ramos e palmas na Praza de San Bieito ás 11:30 horas. A continuación, celebrase a procesión ata igrexa parroquial e a Misa da Paixón do Señor.
O Xoves Santo virá marcado pola «Procesión dos Pasos», con saída ás 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a «Procesión do Encontro» (11:00 h) e a «Procesión do Santo Enterro» (21:00 h).
Nesta Semana Santa ofreceranse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega. Estas visitas teñen unha excelente acollida polos visitantes do monte porque permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento arqueolóxico. Durante unha visita guiada de 45 minutos os visitantes coñecerán en detalle a Cultura Castreña e cómo vivían estes castrexos no Trega fai xa máis de 2.000 año. As visitas gratuítas están organizadas do martes 26 ao domingo 31 de marzo en dúas quendas ás 12:00h e ás 17:00h. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.
Coincidindo coa semana santa a Oficina de Turismo da Guarda comezará o horario de abril abrindo de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h. Tamén atención no tel. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es
En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
• MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
• MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
• CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00
Programación cultural:
EXPOSICIÓN DE PINTURA ARQUÍMEDES ARTAL na Casa dos Alonso.
O artista presenta unha mostra da súa obra rendendo homenaxe a esta vila cun dos seus cadros inspirados na sempre sorprendente costa guardesa.
Do 16 de marzo ao 6 de abril. Aberto de luns a sábado en horario de mañá e tarde. Domingo só de mañá.
Festas da Pascua de Buxán:
Na Guarda ademais das celebracións relixiosas da Semana Santa tamén teñen lugar as tradicionais Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado, 29 de marzo, coa celebración do «Serán de Buxán» ás 22:00 horas. A festa continuará o venres 29 de marzo co partido de fútbol masculino entre solteiros e casados no Estadio Municipal de Fútbol. O sábado 30 haberá tradicionais xogos populares (11:00h para nenos e 16:30h para adultos) e a posterior verbena, amenizada polo Trío LA NOCHE e o GRUPO AMÉRICA (23:00 h). Na xornada do 31 de marzo, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar os pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables e pintacaras para nenos e como novidade ás 17:00 comezará a poxa de produtos tradicionais. O peche das festas da Pascua de Buxán será ás 19:30 coa actuación do grupo folk Os Folieros.