(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • Non preguntes por Santa Trega a “La Voz de Galicia”!!

    Non preguntes por Santa Trega a “La Voz de Galicia”!!

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo
    • Date 10 Abril, 2017

    O pasado 9 de abril, domingo de Ramos, o que escribe, alcalde da Guarda, tivo que soportar indignado a lectura dun desafortunado artigo sobre o Monte Santa Trega no periódico La Voz de Galicia. Basicamente o artigo era desafortunado porque a maioría das cousas que alí se dicían eran mentira e trataba sen o máis mínimo respecto a turistas, hostaleiros de Santa Trega, departamentos de Turismo e Patrimonio do concello da Guarda e mesmo ao equipo de goberno guardés. O artigo era desafortunado e prexudicial para unha vila turística como A Guarda ata no titular, que rezaba: “¿Donde me puedo informar sobre el castro de Santa Trega?” co subtítulo “Ante la ausencia de una caseta informativa en el yacimiento, los turistas preguntan en los bares de la zona”

    Polo que escribe, supoño que o periodista que firma o artigo nunca estivo no Monte Trega e  parece que tampouco coñece moi ben A Guarda, non sei se falará de oídas ou recibirá ditado dalguén.

    Comecemos polo principio. No xacemento aqueolóxico de Santa Trega, declarado Monumento Histórico Artístico e Ben de Interese cultural dende 1931, nunca houbo unha caseta informativa como parece insinuar o artigo no subtítulo. A oficina de información turística atopábase no que se coñece como Pico de San Francisco, a pé do MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), declarado Ben de Interese Cultural en 1962, e funcionaba nas épocas de tempada alta, en Semana Santa e verán. Agora esa oficina foi trasladada ao museo, está perfectamente sinalizada e funciona 11 meses ao ano ben atendida polos profesionais que alí traballan, que son das persoas máis preparadas para falar do Monte Santa Trega e fan o seu traballo con moita profesionalidade.

    No cumio do monte Santa Trega non hai bares, alí hai dous establecementos hostaleiros, o hotel-restaurante Pazo e o restaurante Mar y Cielo. É un descuido imperdoable e unha falta de respecto chamarlle “bares” a estes establecementos. Por certo para os restaurantes resulta moi interesante que os turistas entren a pedir información ou a charlar sobre o Trega e os seus xacementos, é unha maneira de facer clientes. Que falen do Monte non significa que non poidan informarse por outros medios.

           

                                                

    Dicir, como se afirma no mencionado artigo, que hai falta de información sobre o Trega é dun descoñecemento absoluto, e desta maneira infravalórase o traballo dos profesionais do concello da Guarda. Nos últimos anos os departamentos de Patrimonio e Turismo teñen feito moito por mellorar  o aspecto informativo sobre a paisaxe e o patrimonio dun dos lugares máis visitados de Galicia. Na subida, na caseta de cobro, entrégaselle aos visitantes un folleto informativo, e ao chegar ao xacemento os turistas atópanse con completos paneis sobre o poboado e as vivendas castrexas e na zona alta con paneis que axudan a interpretar a paisaxe. Pero por se isto non fora suficiente, no poboado, no museo, na capela e noutros lugares hai uns fitos informativos con códigos QR que dan acceso a audioguías en catro linguas, galego, castelán, inglés e francés.

    A URL das audioguías e:

    https://www.youtube.com/channel/UCclhuUPCJqDlHD0TOc3PqOQ

    Pero se hai persoas interesadas en acceder a elas que non dispoñen do código QR e non queren teclear esa dirección imposible, basta con que busquen en youtube “audioguías do Trega”.

    Toda a información anterior, que non é pouca, non resulta suficiente a criterio do concello da Guarda para un sitio coma o Trega en épocas de afluencia masiva de visitantes. Así, o xoves día 6 de abril foi remitida a tódolos medios de comunicación, incluída La Voz de Galicia, a programación da Semana Santa no concello da Guarda e nesta programación inclúese entre outras cousas, visitas guiadas gratuítas ao MASAT e ao castro de Santa Trega.

     

    Toda a información anterior pode ampliarse, para aqueles viaxeiros que planifican a visita ao Trega con antelación ou que aínda queren máis información, accedendo á magnífica páxina de turismo que o concello da Guarda estreou en 2016 en tres linguas, galego, español e inglés, www.turismoaguarda.es ou mesmo descargando a App do concello da Guarda, que tamén ten información turística cun apartado exclusivo para o Monte Santa Trega.

    Na Guarda sabemos o que nos traemos entre mans, empregámonos a fondo para manter o legado que nos deixaron todas aquelas persoas que traballaron para que o Monte Santa Trega e o seu Museo Arqueolóxico, que este ano cumpre o seu primeiro centenario, sexa o que é hoxe en día. Eu creo que poucos lugares de Galicia poden presumir de ofrecer tanta información como nós damos do noso Monte.

    En definitiva, podemos dicir a vista destes feitos demostrables e contrastables que se queres saber do Monte Trega, ven Á Guarda, non preguntes en  “La Voz de Galicia”.

    Tag:A Guarda, Concello da Guarda, Santa Trega, turismo, turismo A Guarda

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Concello iniciou os traballos de limpeza das praias e areais da Guarda a comezos de abril
    10 Abril, 2017

    Seguinte nova

    O Concello da Guarda recibe a destacados deportistas locais
    12 Abril, 2017

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda busca novas accións na campaña de Ferrero Rocher
      8 Novembro, 2025
    • A Guarda compite na campaña “Juntos brillamos más” de Ferrero Rocher pola famosa iluminación de Nadal
      3 Novembro, 2025
    • A Guarda triunfa no encontro “Miranda Jacobea” como punto indispensable do Camiño Portugués pola Costa
      31 Outubro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web