Nova programación gratuíta na Aula CeMIT da Guarda ata fin de ano
A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática de balde para todas as idades para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro.
Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición, para facer os grupos e o reparto de horarios.
As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.
Ata fin de ano ofértanse un total de 9 cursos que se realizarán en función da demanda de prazas para os mesmos, destacando o de Informática para nen@s, mecanografía, redes sociais para maiores, administración electrónica ou o de informática para adultos.
Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.