Novas medidas adoptadas en prevención fronte ao coronavirus COVID-19 na Guarda
• A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de novas medidas de contención extraordinarias.Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.
Novas medidas:
• Peche dos parques infantís.
• Peche do Albergue Municipal.
• Prohibición do acceso aos espazos deportivos ao aire libre: pista de skate, petanca, etc.
• Peche do Punto Limpo Municipal.
• O Concello da Guarda enviará aos seus domicilios a todos os traballadores que formen parte dos grupos de risco ou teñan familiares nos grupos de risco.
Así mesmo, o Concello, despois de ser informados polos párrocos da localidade, traslada que non se van a celebrar funerais, nalgunha parroquia se celebrarán misas con aforos limitados e se dispensa aos feligreses da obrigatoriedade de asistir aos oficios relixiosos.
O Concello seguirá prestando os servizos básicos á cidadanía e faise un chamamento á comprensión por parte de todos os guardeses e guardesas para facilitar a xestión desta crise.
As medidas adoptadas estarán vixentes ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19.
Tag:A Guarda, coronavirus, covid19