O Entroido xa asoma na Guarda e estamos a un mes do desfile, o venres 20 de febreiro ás 20:30 horas. Comparsas, carrozas, grupos…percorrerán as rúas da Guarda enchéndoas de cor e música. O prazo de inscrición é do martes …
O Centro Cultural abre as portas ao primeiro espectáculo infantil do 2026. Será a obra “Ninja” da compañía de teatro Gazafelhos. Ninja aborda o acoso escolar a través dunha historia chea de humor e reflexións sobre o respecto, o apoio …
ADIADO AO VENRES 30 DE XANEIRO polo tempo meteorolóxico adverso O Centro Cultural inicia a súa actividade teatral este ano 2026 co espectáculo “Enredada” da cómica Leti da Taberna. “Enredada” é unha proposta escénica en forma de monólogo cun estilo …
O próximo venres 16 de xaneiro será a primeira saída do bus do teatro desde A Guarda. A obra a ver será “Memorias dun neno labrego”. Trátase dunha nova coprodución do Centro Dramático Galego e Contraproducións. É unha nova versión …
A Guarda recibe o próximo luns 5 de xaneiro a visita dos Reis Magos. Será unha tarde moi axetreada para as súas maxestades. A partir das 16:30h unha pequena comitiva partirá desde a praza do Concello para facer un percorrido …
O venres 2 de xaneiro chega á praza Avelino Vicente un espectáculo moi novidoso: “Moby Dick”. Esta é unha proposta de teatro para público familiar creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran …
O sábado 3 de xaneiro será un día dedicado ao circo grazas ao pallaso Peter Punk. Pola mañá, de 11 a 13 horas, haberá un obradoiro de circo, onde os participantes aprenderán de forma divertida técnicas de globoflexia, malabares e …
Antes de rematar o ano, a programación de Nadal ofrece de novo unha tarde para desfrutar en familia e con música. O martes 30 de decembro ás 17:30h chega a actuación de Terapia de grupo kids, unha proposta musical en …
O próximo luns 29 de decembro, os elfos de Nadal pasarán unha tarde na Guarda. Será unha tarde chea de xogos, baile, diversión e risas para eles e para todos os nenos e nenas que se queiran sumar. Os elfos …
Continúa a programación especial infantil deste Nadal. Este venres 26 de decembro, chega o espectáculo “Historias para escagarriñarse”, onde tres feirantes percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. O …









