O xoves 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras, xunto co Concello da Guarda, realizou unha homenaxe aos asasinados no campo de concentración de Camposancos durante a guerra civil. O acto de …
O pasado mércores día 17 de outubro de 2018 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, participou na Casa do Concello de Baiona na sinatura do convenio de creación do novo xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, que engloba a …
As escolas de Buxán acollen unha serie de sesións formativas sobre gastronomía dirixidas ás familias beneficiarias dos Servizos Sociais e do programa de Educación Familiar do Concello da Guarda e do colectivo Conrazones, nas que participan diversos e recoñecidos cociñeiros …
O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro venres día 26 de outubro ás 21:00h da noite a representación do espectáculo teatral «Chola it a girl» da compañía de teatro ArtesaCía co elenco de Laura Villaverde. Chola, mecánica de coches, …
Compila materiais que dan conta do florecemento da cultura galega en América e compleméntase coa proxección do filme ‘A cicatriz branca’ de Margarita Ledo e con conferencias sobre o exilio. É unha mostra itinerante que visitará os concellos de O …
Este mércores día 17 de outubro a Praza do Reló da Guarda foi o escenario elixido para a entrega dos 20 carros de compra correspondentes ao penúltimo sorteo realizado entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos da Guarda …
O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encabezado por Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC) e Mar Cortegoso, directora das escavacións, ven de avanzar nas investigacións sobre …
A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o «Proxecto Empatía», cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil …
O vindeiro xoves, 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras vai homenaxear aos asasinados no campo de concentración de Camposancos durante a guerra civil. O acto de homenaxe terá lugar ás 17:30h …
O vindeiro sábado día 20 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle unha nova sesión de Cinema Infantil coa proxección da película «La Bella y La Bestia». A proxección terá lugar ás 17:30h no Salón de actos do Centro …