O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, E O CONCELLEIRO MIGUEL ESPAÑOL MANTIVERON UNHA REUNIÓN CÓS TRABALLADORES DO GES
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro delegado do Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), Miguel Español, mantiveron hoxe unha reunión cos traballadores do GES.
Este encontro, que tivo lugar na sede do GES e que o equipo municipal tildou de “moi satisfactorio” serviu para que o persoal puidera trasladar tanto o alcalde guardés coma ó Concelleiro, as súas demandas, por exemplo de material.
Ademais, nesta reunión, puidéronse fixar ás canles de comunicación que unirán ó equipo de goberno con este Grupo de Emerxencias.
Antonio Lomba e Miguel Español aproveitaron este encontro para, de maneira oficial, facer entrega ó persoal dos GES dun remolque de emerxencias entregado pola Xunta de Galicia. Esta dotación forma parte dunha concesión da Xunta que tamén contempla unha zodiac que se entregará nos próximos meses.