O alcalde da Guarda defende a súa honorabilidade e a transparencia e imparcialidade do concello
O pasado venres a asociación Trans Miño improvisou unha manifestación sen autorización na praza do Reló cunha pancarta que acusaba ao alcalde de homófobo, poñendo na súa boca palabras que nunca dixo. A vez, na mesma pancarta, daba a entender que o concello non tiña a intención de cumprir o seu compromiso de ceder un local a asociación. Cando, curiosamente, estaba previsto facer efectiva esta cesión nos próximos días, do cal estaba informado o presidente da asociación.
Resulta difícil de crer que alguén se atreva facer correr presuntas calumnias e mentiras facilmente demostrables simplemente para tentar conseguir un local para unha asociación, local que xa tiña conseguido. Máis parece unha operación de desprestixio contra o alcalde e contra a súa xestión fronte ao concello da Guarda.
Diante desta situación, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, presentará o próximo luns unha querela por un presunto delito de calumnias contra o presidente da asociacións Trans Miño, Xermán Cordero. A súa vez, para aclarar o fondo das manifestacións vertidas na pancarta, abrirá un expediente informativo no concello no que se aclare todo o referente a cesión á asociación Trans Miño dun local no centro social Sinde Vello.
“Nin son certas as declaración que me atribúen nin é certo que se lle negara un local a esta asociación, todo o contrario, estábase a redactar un documento de cesión para asinar nos próximos días. O que resulta intolerable é que sen ningunha proba se vertan calumnias contra o alcalde da Guarda e contra o propio concello. É a nosa obrigación como equipo de goberno defender a institución que representamos, e iso imos a facer diante de quen queira desprestixiar a administración que representa a todos os veciños e veciñas da Guarda.”
Tag:A Guarda, Antonio Lomba