O Alcalde e a Concelleira de Deportes da Guarda felicitan públicamente ao Mecalia Atl.
Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, queren amosar os seus parabéns para o equipo, directivo técnico e xogadoras do Mecalia Atl. Guardés pola recepción do galardón de mellor equipo feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino, un premio que concede anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
De igual xeito dende o consistorio local se quere dar a noraboa polo subcampionato de liga, a fase final da Copa e a participación na terceira rolda da EHF Cup Europea, sen dúbida unhas competicións de moita importancia e resultados que se traducen do bo estado de forma deste clube, que leva o nome da Guarda alá onde compite.
Montserrat Magallanes valorou positivamente o traballo realizado dende o clube, o seu forte compromiso ao máis alto nivel de competición. Quixo destacar o enorme esforzo que tamén supón para o Concello da Guarda ter un equipo como o Mecalia Atl. Guardés na vila, adiantando que o compromiso co clube será sempre o de apoiar en todo o que sexa posible.
Antonio Lomba aproveitou esta ocasión para destacar a recente participación das xogadoras Marisol Carratú e Rosario Urban e do adestrador José Ignacio Prades no Mundial de Xapón, o que amosa a importancia que ten o balonmano femenino na Guarda, dando os parabéns por tan importante hito deportivo.