O autor César Pazos presenta a súa biloxía ‘La comunidad de las naciones’ este venres
Este venres 7 de febreiro, o autor guardés César Pazos presenta a súa biloxía “La Comunidad de las Naciones”, conformado polo primeiro volume co mesmo título e o segundo titulado “La Corona de la Alianza”.
O acto dará comezo ás 20:00 horas no Centro Cultural e estará presentado polo alcalde da Guarda, Roberto Carrero. Ademais, contará co entretemento dos gaiteiros “Airiños da Fervenza”, conformado por Raquel Castro e Ramón Pazos; e polo Grupo de Gaitas A Boalleira (A Gándara).
La Comunidad de las Naciones mergulla ao lector nunha distopía no ano 2080 cando as relación políticas fan cambalear a paz en España e Europa e, onde Galicia terá papel destacado.