A charla ‘E ti, coñeces a fórmula?’ busca potenciar e dar a coñecer o cooperativismo
O Concello da Guarda acolle o próximo xoves 27 de febreiro a charla “E ti, coñeces a fórmula?”, en colaboración coa Rede Eu Sumo e o Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO).
Esta sesión formativa quere dar a coñecer as posibilidades e vantaxes do cooperativismo, sobre todo, como forma de emprendemento, rompendo os mitos que existen ao seu redor. A charla será participativa e activa por parte dos asistentes e contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
A actividade celebrarase de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Plenos e está dirixida a todas aquelas persoas que teñan interese en coñecer a fórmula cooperativa. As inscricións xa están abertas a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfcKv5uZkmiAr9zzVntNzufwYdDy2I2jo12mBUFfDF0rmXMJA/viewform
Para saber máis pódese enviar un correo electrónico a informacion@aguarda.es ou chamar ao 986 61 00 00 (ext 7).