(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Deporte

    • Inicio
    • Deporte
    • O billar preséntase como deporte para a inclusión e a diversidade

    O billar preséntase como deporte para a inclusión e a diversidade

    • Publicado por prensa
    • Categorías Deporte, Educación, | Novas Destacadas
    • Date 15 Abril, 2025

    O Club de Billar A Guarda comezou hoxe unha campaña para dar visibilidade ao seu deporte. Isto levaraos polos diferentes colexios da Guarda, e hoxe deron inicio co colexio de San Xerome.

    “Viñemos con certa incerteza, xa que non sabiamos como se desenvolvería o grupo, pero a experiencia superou as nosas expectativas”, declara Ura Valcárcel, monitora do San Xerome Emiliani. Aínda que ao principio houbo “algo de frustración ao non acertar cos golpes”, pouco a pouco deu paso “a súa satisfacción ao ver que podían xogar”.

    O alumnado de San Xerome Emiliani desfrutou desta mañá diferente nas instalacións do club no Castelo de Santa Cruz, cedidas polo Concello. Ura destacaba que o espazo era “completamente accesible para persoas en cadeira de rodas, o que permitiu que todos puideran participar activamente, algo que valoramos moito”.

    Ura Valcárcel asegura que repetirían a experiencia, pois o alumnado traballou “o aspecto social, que é fundamental, xa que poden interactuar cos outros”, pero tamén traballaron “a concentración, o pulso-motricidade, a coordinación….”. Uns beneficios que tamén destaca o tesoureiro do Club Billar A Guarda, Jaime Coedo.

    O club quere resaltar a condición de deporte federado do billar e para iso “despois de Semana Santa empezaremos coas charlas nos colexios: ensinarémoslles que é o billar, a súa historia, as categorías…”. Queren chegar a máis de 200 alumnos e alumnas guardeses.

    O obxectivo desta colaboración do Club Billar A Guarda cos colexios “é metelos (ao alumnado) no deporte e cambiar a idea de que é un deporte de bar”, recalca Jaime Coedo. Ademais, queren ofrecer ao alumnado a posibilidade de probar o deporte nas súas instalacións.

    O billar é un deporte cunha arraigada tradición na Guarda, cos seus comezos hai trinta anos. Agora o Club de Billar A Guarda continúa esa tradición deportiva con xogadores en todas as categorías e acadando grandes logros como o subcampionato de Galicia de David Alfonso Acevedo e o terceiro posto no campionato galego.

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda presenta un libro en homenaxe á historia de mulleres anónimas da vila
    15 Abril, 2025

    Seguinte nova

    A Guarda celebra o Día do Libro cun contacontos na Biblioteca Municipal
    16 Abril, 2025

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • A Guarda mellora o pintado das estradas en busca de maior seguridade
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web