O camiño Judela e a rúa Portela conta cunha rede de auga potable renovada
O camiño Judela e a rúa Portela conta cunha rede de auga potable renovada financiado polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra. A intervención era altamente necesaria polo deterioro das tuberías que ocasionaban fugas frecuentes. Isto traducíase nunha perda de auga importante, falta de servizo para os veciños e socabamento do asfalto, que derivaba en fochancas perigosas para a seguridade de peóns e vehículos.
Coa renovación da rede de auga e o novo asfaltado garántese un servizo aos usuarios, ademais de conseguir aforro de auga e mellorar a seguridade de vehículos e peóns.