O Concello da Guarda amplía a cantidade de cursos ofertados na Aula CeMIT
A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades.
A Aula CeMIT da Guarda, emprazada no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda, ofrece ademais acceso libre a internet e multitude de cursos entre os que destacan os de Informática básica para nenos e para adultos, mecanografía, procesador de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo de smartphones, entre outros.
Todos aqueles que desexen estar informados sobre a oferta e programación de actividades da Aula CeMIT da Guarda poden contactar a través do enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal ou chamando ao 986 61 1850.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.