A andaina pola Ruta Máxica de Oia aprázase novamente por mor da inestabilidade meteorolóxica
Debido ás abundantes choivas das últimas semanas e as previsións cambiantes, o Concello da Guarda e o Municipio de Caminha volveron acordar o aprazamento da andaina organizada para este mes de marzo pola Ruta Máxica de Oia.
Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros e percorrerá uns 18km da Serra da Groba, pasando polas parroquias costeiras deste concello. A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira, onde se atopan petróglifos, e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental.
Despois, ascenderase ata o Castro do Cano do Mouros e as Pozas de Mougas, onde se realizará o xantar. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeziña. A ruta rematará na estrada PO552 onde se atopa o Camping O Muíño.
Tag:Andaina, Oia, ruta, ruta máxica de oia, senderismo