(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Alumnado da Sangriña impulsa unha campaña para fomentar o uso do galego no comercio

    Alumnado da Sangriña impulsa unha campaña para fomentar o uso do galego no comercio

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 15 Marzo, 2018

    O Equipo de Normalización Lingüística do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña mantivo unha reunión con representantes das tres principais asociacións de comerciantes da vila para presentarlles a campaña «O galego, produto estrela», coa que o alumnado pretende normalizar o uso da lingua nos carteis e outros elementos informativos e publicitarios dos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.

    Os delegados das asociacións AGUDE, Mercado do Reló e ACIGU acolleron de bo grado a iniciativa, na que tamén se propón a ampliación das cartas de presentación dos produtos ofrecidos en cada comercio, facendo uso de varias linguas (portugués, inglés e francés, amais de galego) a fin de facer accesible o comercio local a todas e todos os turistas que visitan A Guarda.

    O proxecto «O galego, produto estrela» é unha iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística do centro guardés en colaboración co Concello da Guarda.

    Todo isto, sen esquecer o obxectivo principal da campaña: acabar coa «discriminación do galego» na vila, onde unha porcentaxe ínfima de establecementos comerciais fan uso do idioma, segundo sinalou o profesor de Lingua Castelá e coordinador do equipo, Denís Vicente. Nesta liña, a iniciativa busca fomentar e normalizar o uso do galego no comercio e ampliar os seus ámbitos de uso, engadiron Carla Vizoso e Andrea Maquieira, voceiras do equipo.

    Cartaz da campaña elaborado polo equipo de Artes Plásticas e Deseño do IES A Sangriña

    A concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, María Elena Baz, salientou a relevancia do feito de que sexan as xeracións máis mozas «as que empurran pola nosa lingua e aportan unha visión de futuro ao comercio e a hostalaría».

    «O galego, produto estrela»

    A campaña é un proxecto do Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña en colaboración co Concello da Guarda, orientada á normalización da nosa lingua expandindo o seu uso por todos os ámbitos da localidade, incidindo especialmente no sector servizos (comercio, hostalería, academias…).

    A iniciativa chama á reflexión sobre a situación das linguas na Guarda, onde o número de persoas galegofalantes minguou de xeito moi significativo durante as últimas décadas; «unha perda moi grave para o concello», sinalou Denís Vicente. Así, o alumnado incidirá especialmente en dar visibilidade á lingua galega como atractivo e distintivo do comercio local, ademais de ofrecer a posibilidade de ampliar as cartas de presentación dos produtos facendo uso de varios idiomas.

    O alumnado axudará na tradución e deseño de carteis e outros elementos informativos e publicitarios para crebar coa «discriminación» da lingua nos establecementos da vila.

    Para isto, o alumnado que forma parte do equipo realizará as traducións que cada un dos establecementos comerciais precise. Así, por exemplo, traducirán os menús dos restaurantes, os anuncios, a sinaléctica e outros tipos de publicidade, nun proceso de «axuda mutua» coa que os e as empresarias guardesas poderán «ampliar os campos de clientela e venda». Nas próximas semanas, o alumnado dividirase en grupos e percorrerán os establecementos da vila para dar a coñecer a iniciativa, aberta á participación de todo o comercio guardés.

    Sobre o equipo

    O Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña naceu a comezos do actual curso académico e está formado por un grupo de preto de 30 mozas e mozos de diferentes cursos da ESO, bacharelato e ciclos formativos. O equipo, aberto á participación de todo o alumnado, é coordinado pola profesora de Plástica e Deseño, Beatriz Núñez, e o profesor de Lingua Castelá, Denís Vicente.

    Ata o de agora, o equipo ten realizado proxectos en prol de movementos sociais e culturais, como charlas e festivais a favor dos colectivos LGTBIQ ou a lectura dun manifesto na concentración feminista do pasado 8 de marzo.  No que resta de curso, prevén realizar novas actividades nos ámbitos da  música e o deporte.

    Tag:Comercio, Galego, Hostalaría, Lingua Galega, Normalización Lingüística

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A campaña de concienciación «O que se enchufa, recíclase» chega mañá á Guarda
    15 Marzo, 2018

    Seguinte nova

    A andaina pola Ruta Máxica de Oia aprázase novamente por mor da inestabilidade meteorolóxica
    15 Marzo, 2018

    Tamén te poden gustar

    • A película “Rondallas” logra unha ovación de catro minutos na súa premiere
      12 Decembro, 2025
    • O profesor Alberto Viso presenta o seu libro “La ceguera de Dios” na Casa dos Alonso
      10 Decembro, 2025
    • O grupo San Roquiño proxecta a película ‘A herdanza’ para recoller alimentos
      9 Decembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web