O Concello da Guarda avisa de sedimentos na auga de abastecemento
O Concello da Guarda quere avisar de que a auga de abastecemento está a saír turbia das billas. Isto débese a sedimentos por arrastre de lodo das últimas chuvias.
Durante un par de días recomendamos non usar a auga para comidas ou para beber, aínda que a auga segue a ter o tratamento de desinfección habitual para o seu uso, pode conter restos de sedimentos.
Pregamos que aqueles veciños que dispoñen de filtro de sedimentos no contador de auga, revisen o seu estado. Para calquera dúbida poden chamar ao Concello.