(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.

Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos

    Xeráis

    • Inicio
    • Xeráis
    • O concello da Guarda destinará máis de 130.000€ a un plan de choque para a reactivación económica da vila

    O concello da Guarda destinará máis de 130.000€ a un plan de choque para a reactivación económica da vila

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xeráis
    • Date 9 Maio, 2020
    • Comentarios 0 comentarios

    • O equipo de goberno decide dotar unha partida orzamentaria con máis de 130.000€ que estará dirixida a amortecer os efectos socioeconómicos do COVID-19, e que arranca coa posta en marcha dunha plataforma de venda online dirixida a comercio e hostalaría.

    O pasado mes de marzo, e tan só 10 días despois do anuncio do estado de alarma, o Concello anunciaba un primeiro paquete de medidas económicas, que foi seguido por un segundo paquete durante o mes de abril, ao que se sumou fai uns días a exención do pago de terrazas para establecementos hostaleiros. A través destas medidas pretendíase minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía da veciñanza e das empresas na súa relación coa administración local.

    A estas alturas da pandemia, e en pleno proceso de desescalada, desde o consistorio guardés temos claro que debemos poñer todos os nosos esforzos de cara á recuperación e reactivación económica local. Por este motivo levarase a cabo unha importante aposta a nivel de recursos municipais e valerémonos, nesta difícil tarefa, do apoio dunha empresa consultora especializada no deseño e posta en marcha de plans de dinamización turística e comercial a nivel municipal.
    Unha das principais medidas na que levamos traballando fai unhas semanas, e que temos previsión de que comece a funcionar a partir de mediados de maio, sería unha plataforma de venda online, que poderá ser utilizada por comerciantes e hostaleiros da localidade e que pretende relanzar as vendas nestes sectores, especialmente castigados polo coronavirus.
    Preténdese crear un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario que desexen vender os seus produtos, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.

    De xeito paralelo porase en marcha unha campaña de sensibilización para o consumo no comercio local que estamos ultimando nestes días. Sabemos que A Guarda é un pobo solidario que sabe estar á altura das circunstancias, e estamos seguros/as de que a cidadanía quere un pobo con rúas cheas de vida e estará ao carón do comercio e a hostalaría local nestes duros momentos.

    O próximo xoves 14 de maio trasladaremos con maior detalle todas estas iniciativas á Mesa Local de Comercio á que foron convocadas as persoas representantes das asociacións de comerciantes e empresarios/as (ACIGU, Mercado do Reló, AGUDE e Mercaguarda), a Asociación de Consumidores Aldraman, así como os portavoces dos grupos municipais, e na que poderemos recoller as súas inquedanzas e propostas respecto a esta situación nunca antes vivida.

    Tag:A Guarda, Comercio, desenvolvemento local, economia, Hostalaría

    • Compartir:
    prensa

      Anterior nova

      O concello da Guarda retoma a prestación de servizos administrativos presenciais a partires do luns 11 de maio
      9 Maio, 2020

      Seguinte nova

      O concello da Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a anulación da taxa de terrazas do ano 2020
      11 Maio, 2020

      Tamén te poden gustar

      • A Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020
        9 Abril, 2021
      • O Fondo Galego cofinancia catro proxectos de ONGD galegas en Centroamérica e na India
        7 Abril, 2021
      • O Alcalde da Guarda traslada as demandas da localidade en materia de Sanidade ao Conselleiro
        7 Abril, 2021

      Deixa un comentario Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Categorías

      • Cultura
      • Deporte
      • Desenvolvemento local
      • Educación
      • Educación familiar
      • Escola Infantil
      • Medio ambiente
      • Muller
      • Novas tecnoloxías
      • Outras
      • Patrimonio
      • Policía local
      • Sen categoría
      • Servizos sociais
      • Turismo
      • Urbanismo
      • Vías e obras
      • Xeráis
      • Xuventude
      • | Novas Destacadas
      • | Perfil do contratante
        • Adxudicacións definitivas
        • Adxudicacións provisionais
        • Anuncios de licitacións
        • Mesas de contratación
        • Pregos de contratación
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      APP MOBIL

      Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

      Aplicación de A Guarda para IOS
      Aplicación de A Guarda para Android

      Concello

      • Diríxete ao alcalde
      • Horarios de Interese
      • Sede Electrónica

      Información

      • Asociacións e grupos
      • Teléfonos de Interese
      • Farmacia de garda

      Recomendado

      • Axenda
      • Novas

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Aviso legal
      • Política de cookies
      • Política de privacidade
      • mapa web