O Concello da Guarda dispón de dúas vivendas para acoller a familias desprazadas polo conflito de Ucraína
O Concello da Guarda ven de por a disposición das familias desprazadas polo conflito en Ucraína dúas vivendas no municipio.
Trátase dunha vivenda de titularidade municipal no núcleo rural de Camposancos e un piso cedido por un particular no casco urbano da vila, para aloxar en total a dous núcleos familiares de 4 persoas cada un.
Dentro do acondicionamento destas vivendas o Concello da Guarda comprométese aos subministros básicos(auga, luz, calefacción, etc.), mobiliario, cociña e baños.
Deste xeito o Concello da Guarda participa no chamamento de colaboración da Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social, Seguridad Social y Migraciones, a través da comunicación de petición de axuda recibida por parte da Fegamp aos concellos galegos para a acollida de familias procedentes de Ucraína.
Do mesmo xeito e, en sinal de apoio ao pobo de Ucraína, a fachada do Consistorio Municipal permanecerá dende a noite deste mércores día 2 de marzo alumeada cos cores azul e amarelo da bandeira deste país.
Tag:A Guarda, Refuxiados, Ucraina