(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Vías e obras

    • Inicio
    • Vías e obras
    • O Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra anuncian a redacción dunha proposta de mobilidade para A Guarda

    O Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra anuncian a redacción dunha proposta de mobilidade para A Guarda

    • Publicado por Concello
    • Categorías Vías e obras
    • Date 19 Outubro, 2016

    Despois de que o Concello da Guarda presentara diante da Deputación de Pontevedra unha proposta para a humanización da rúa Concepción Arenal e de manter varias reunións en relación a esta obra, a Deputación propuxo ao goberno guardés a integración desta humanización nunha proposta de mobilidade sostible global para todo o Concello.

    Despois de que o Concello da Guarda presentara diante da Deputación de Pontevedra  unha proposta para a humanización da rúa Concepción Arenal e de manter varias reunións en relación a esta obra, a Deputación propuxo ao goberno guardés a integración desta humanización nunha proposta de mobilidade sostible global para todo o Concello. Iniciativa que contou coa inmediata aprobación do o equipo de goberno Guardés.

    A necesidade  de facer un estudo deriva da importancia desta rúa no que respecta ao tránsito de persoas e vehículos dentro do Concello. A Deputación  xustifica esta iniciativa tendo en conta tamén que Concepción Arenal é unha vía provincial dentro dun casco urbano e das que máis tráfico soporta entre as vías da Deputación.

    Na proposta inicial que o alcalde da Guarda presentou na Deputación para a humanización desta rúa xa contemplaba dar preferencia aos peóns sobre os vehículos naqueles lugares que era posible, en concreto, a peonalización da Praza Avelino Vicente.

     

    A reunión de hoxe tivo como obxectivo a presentación diante dos grupos da corporación do Concello da Guarda da redacción dun estudo de mobilidade sustentable no que, en palabras do deputado de mobilidade Uxío Benítez, a rúa Concepción Arenal sería unha peza clave. Segundo o deputado, a filosofía da proposta é que as rúas estean pensadas para as persoas e de que é necesario adaptar os espazos públicos a criterios de accesibilidade. Para isto se buscará, se é posible, que a proposta que se faga sexa aprobada por unanimidade dos grupos e senón, polo menos, que haxa unha maioría de consenso para un proxecto clave para A Guarda no que tódolos partidos poidan participar e aportar ideas.

    Tamén asistiron á reunión os técnicos da empresa encargada de realizar este estudo. Comentaron que nesta primeira fase o traballo se organiza en dúas liñas: un estudo de campo sobre o terreo, e un análise a través da participación de persoas e axentes sociais implicados.  

    Na liña da participación ademais de buscar o consenso coa poboación crearase unha mesa de traballo cos grupos políticos para sacar conclusións e extraer propostas que podan cubrir as necesidades detectadas e que se transformen en obras concretas, como sucederá a corto prazo na rúa Concepción Arenal.

     

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, quixo expresar que a intención desta reunión era a de implicar a tódolos grupos políticos e que estes puideran transmitir as súas opinións, dúbidas e suxestións sobre a proposta nesta fase previa do estudo. Ademais, recalcou que dende o grupo de goberno teñen claro que existen unha serie de condicionantes, derivados das necesidades que plantea unha rúa da importancia que ten a de Concepción Arenal (con parada de autobús, baixada ao Porto, aparcadoiro, etc…)  que se terán moi en conta. Subliñou que o estudo e o traballo de campo que está realizando a empresa é para detectar o que necesita A Guarda e buscar posibles respostas a estas necesidades.

     

    Ademais, Miguel Español, concelleiro de Vías e Obras do Concello da Guarda, comentou a necesidade de realizar obra física en prazos concretos. Unha afirmación que contou co compromiso por parte dos representantes da Deputación, que calculan un prazo de 2 ou 3 meses para redactar a proposta de mobilidade de cara a realizar as obras en Concepción Arenal o vindeiro ano.

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Formalización do contrato das obras no proxecto de “INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS CASA DO ALONSOS”
    19 Outubro, 2016

    Seguinte nova

    O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais da Guarda reciben a visita do equipo de accesibilidade da Asociación San Xerome Emiliani
    4 Novembro, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web