O Concello da Guarda e a Entidade Menor de Camposancos estudan a rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal
Ambos gobernos apostan por estas obras que serían a primeira fase dun proxecto moito máis ambicioso
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez reuníronse nestes días co Presidente da Entidade Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, para estudar un proxecto de rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal.
Nesta obra o que se pretende facer é derrubar todo o muro de pedra que rodea o campo e demoler as instalacións para poder crear unha zona de esparcimento que desfrutarían tanto os veciños e veciñas guardeses e camposinos coma os visitantes que chegan á vila durante os meses de verán.
Nas obras tamén se contempla a construción dun cercado de madeira para delimitar a zona e impedir que entren os vehículos.
Primeira fase
Esta rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal sería, tal e como comentaron Antonio Lomba e Rafael Álvarez, a primeira fase dun proxecto moito maior e máis ambicioso.
Así, coa axuda doutras entidades o que se busca e rehabilitar tamén a zona de A Lamiña e conseguir unha zona de esparcemento e deportiva para o uso dos veciños e visitantes.