O CONCELLO DA GUARDA INFORMA DA SUSPENSIÓN TEMPORAL DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO DURANTE O 24, 25, 31 e 1 de Xaneiro
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Guarda quere comunicar á veciñanza que, con motivo das festas nadalicias e as merecidas vacacións da maior parte do noso persoal, o servizo de recollida de lixo verase temporalmente suspenso nos días 24, 25, 31 e 1 de xaneiro.
Estas datas, tan especiais para todos nós, son momentos nos que a nosa comunidade se reúne para celebrar en familia e amigos. Conscientes de que estas celebracións xeran un maior volume de residuos, queremos facer un chamamento á colaboración de todos os veciños e veciñas para minimizar o impacto ambiental durante este período.
Pedimos a comprensión e a colaboración de todos para clasificar os residuos de forma adecuada nos contedores correspondentes. Desta maneira, axudaredes a evitar sobrecargas no servizo de recollida e a manter limpas as nosas rúas.
En caso de atoparse con contedores cheos, solicitamos que busquen o seguinte máis preto á súa vivenda e deposíteno dentro do contedor, nunca fóra.
Recordamos a importancia de reciclar como unha obriga que beneficia a todos e contribúe ao coidado do noso entorno.
Desculpen as molestias, agradecemos a comprensión e colaboración de todos nesta tempada tan especial. Que teñades unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo!
Concello Da Guarda.