O CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA UN NOVO CURSO DE EDUCACIÓN PARA ADULTOS
O Concello da Guarda pon en marcha un ano máis un curso de educación para adultos preparatorio para as probas libres do graduado da ESO.
Esta curso está orientado a aqueles alumnos que non conseguiron o graduado en ESO ou aquelas persoas que, debida a súa idade, xa están fora do ámbito escolar e queren sacar este título.
O prazo de inscrición ábrese o próximo xoves día un de outubro.
Todas aquelas persoas interesadas en ser alumnos deste curso poder inscribirse chamando á OMIX do Concello ó número 986614546 ou a AEDL ó 986610000. Ademais de poder facer efectivas as inscricións no propio Concello.