(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • O concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de subvencións para o período 21-22

    O concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de subvencións para o período 21-22

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 19 Febreiro, 2021

    • Este Plan Estratéxico de Subvencións establece dúas modalidades de concesión de subvencións: a concesión nominativa e a concorrencia competitiva

    O concello da Guarda acaba de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2021-2022, cumprindo así a obriga establecida pola Lei Xeral de Subvencións que establece que os concellos que pretendan outorgar subvencións deben contar previamente co correspondente Plan Estratéxico de Subvencións. Este plan nace da convicción da importancia do tecido asociativo local e da necesidade de colaborar e impulsar os proxectos de interese social e comunitario que desenvolven estas asociacións, así se establecen dúas modalidades, a modalidade de concesión directa de subvencións e a modalidade de concesión por concorrencia competitiva para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.
    Na modalidade de concesión directa de subvencións, figuran entidades coma Erguete, Avelaiña ou San Xerome entre as entidades con fins sociais, a Agrupación Musical da Guarda, a asociación das Alfombras Florais entre as culturais e entidades coma o club Balonmán atlético Guardés ou o Sporting Guardés de fútbol entre as deportivas.
    Na modalidade de concesión por concorrencia competitiva entrarían as axudas para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.
    Nas vindeiras semanas se aprobarán as bases das que sairán as convocatorias para poder concorrer a estas axudas por concorrencia competitiva.
    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba quere “destacar o compromiso do concello en seguir facendo esforzos por acercar a colaboración do concello a aquelas entidades que desenvolven proxectos de interese social, deportivo ou cultural. Non se pode entender a nosa localidade sen ter en conta todo o traballo que día a día desenvolven centos de veciños en proxectos comunitarios, que serven para darlle prestixio á nosa vila e posibilitan unha riqueza cultural e deportiva sen parangón. Moitas destas entidades teñen unha importancia estratéxica xa que son referentes nos seus ámbitos. No ámbito social é encomiable a labor desinteresada dos diferentes colectivos da localidade que procuran solucionar situacións de precariedade para moit@ veciños”.

    Este Plan Estratéxico de Subvencións tamén vai permitir a valoración dos proxectos das diferentes asociacións e posibilitará unha análise pormenorizada para ir mellorando no tempo e permitirá coñecer se se conseguiron os obxectivos perseguidos en cada unha das liñas das que consta o Plan. As subvencións en xeral implican un retorno do esforzo económico da administración local, que este ano alcanzará os 171.960€, en forma de servizos, de oferta formativa, cultural e deportiva.

    Tag:A Guarda, asociacionismo, plan estratéxico de subvencions, subvencións

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Convocatoria de Pleno extraordinario para o luns 22 de febreiro
    19 Febreiro, 2021

    Seguinte nova

    Obradoiro de sexualidade dirixido ao alumnado de FP. ANO 2021
    19 Febreiro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • Suspéndese a actividade deportiva exterior pola alerta laranxa
      5 Novembro, 2025
    • O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
      25 Setembro, 2025
    • A unidade móbil de ADOS volve esta semana á Guarda
      22 Setembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web