O Concello da Guarda recorda a obrigación de xestión de biomasa e limpeza de fincas
• Pola seguridade e salubridade de toda a veciñanza, o Concello da Guarda, apela aos propietarios dos terreos para que cumpran as súas obrigas conforme á normativa vixente.
A correcta xestión da biomasa forestal é unha obriga dos propietarios dos terreos. A diferente lexislación existente na materia recolle que, os propietarios de terreos deberán mantelos en todo momento nas debidas condicións de hixiene, salubridade, ornato e seguridade. Para dar cumprimento a isto, realizarán as tarefas de limpeza que resulten necesarias, permanecendo limpos de maleza, augas estancadas, roedores, residuos, etc. e impedindo que as augas procedentes da propiedade así como as ramas das árbores e plantas afecten a vía pública. Cabe recordar, que esta obriga se estende tamén á limpeza dos valados das fincas dado que forman parte da propiedade particular, é dicir, que a limpeza da finca inclúe tamén a de aquela biomasa vexetal que se atope en zonas lindantes tanto con outras parcelas particulares como coa vía pública.
Ademais, segundo o recollido na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, débese manter limpa de biomasa unha franxa de 50 metros desde:
• Solo urbano, núcleo rural e solo urbanizable.
• Edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineras e parques e instalacións industriais.
• Construccións illadas en solo rústico.
A maiores, as repoboacións forestais deberán cumplir unha serie de condicións entre as que se atopan as distancias mínimas a distintos tipos de terreos. Estas condicións, recollidas na Lei de montes de Galicia, varían en función da especie vexetal e do tipo de terreo ou infraestrutura.
Pola seguridade e salubridade de toda a veciñanza, o Concello da Guarda, apela aos propietarios dos terreos para que cumpran as súas obrigas conforme á normativa vixente.