O Concello da Guarda renova o pavimento do Pavillón Municipal da Sangriña
O Concello da Guarda realizou ao longo do verán obras de mantemento correctivo do pavimento do pavillón municipal de cara ao inicio da tempada deportiva 2021/22, consistentes no acoitelado, lixado e vernizado do parquet deportivo, a reparación do pavimento en zonas danadas, o pintado dos bordes do campo cun acabado con propiedades antideslizantes e o marcaxe e pintado do campo de balonmán e zonas a resaltar.
Nestas obras no pavillón destináronse preto de 30.000€, asumidos con recursos propios do Concello da Guarda dentro do Plan de Inversións previstas para este 2021.
Estas obras eran moi demandadas polo club de balonmán Atlético Guardés e necesarias para unha correcta práctica da actividade deportiva.
Hai que ter en conta que no club, ademais da División de Honra, tamén hai equipos de xuvenil, cadete, infantil e benxamín, e ademais neste ano creouse un equipo de autonómico masculino, polo cal foi preciso facer estas obras para que a práctica deportiva se realice con todas as medidas de seguridade e en condicións óptimas para os nosos deportistas.