O Concello da Guarda saca a licitación a adecuación da planta baixo cuberta do edificio consistorial
O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras de adecuación da planta baixo cuberta do edificio sede do Concello, cun orzamento de execución de 141.610,00€ sen IVE e cun prazo de execución de 60 días.
Toda a información sobre esta licitación, pregos e demais informacións de interese, están a disposición dos interesados no perfil do contratante da sede electrónica municipal en www.aguarda.es
Nestas obras rematarase definitivamente o edificio do Concello da Guarda, nunha planta na que está previsto aloxar o Departamento de Servizos Sociais e Urbanismo.
O prazo para a presentación de propostas remata o vindeiro 22 de febreiro de 2022.
Tag:A Guarda, licitación