(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • O Concello da Guarda utiliza os seus aforros para investimentos

    O Concello da Guarda utiliza os seus aforros para investimentos

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 21 Abril, 2021

    • A Guarda, co remanente de tesourería positivo xerado no exercicio de 2020, decide acometer unha serie de obras e proceder á adquisición de equipamento necesario para mellorar os servizos á cidadanía.

    O concello da Guarda celebrou o martes día 20 de abril un pleno extraordinario de contido económico para aprobar créditos extraordinarios e suplementos de crédito procedentes do remanente de tesourería para acometer distintos investimentos de carácter urxente que obtiveron o apoio de toda a corporación, os principais investimentos os detallamos a continuación.
    O concello da Guarda conta cun servizo de recollida de lixo de xestión municipal, para seguir optimizando os medios dos que dispón este servizo era necesario proceder de xeito urxente a renovación do camión de lixo. Nestes momentos o servizo de recollida de lixo conta con dous camións (sen contar con outros vehículos que se utilizan na recollida de voluminosos ou noutras tarefas) debido as diferentes características das rúas por onde é necesario facer a recollida diaria. O camión de maior envergadura chegou ao final da súa vida útil, polo que era necesario proceder á adquisición dun novo vehículo. O orzamento previsto para esta inversión acada os 100.000€.
    No ámbito deportivo o concello está pechando tres convenios coa Secretaría Xeral para o Deporte. Estes tres convenios requiren dunha achega municipal do 20%. O primeiro destes convenios consiste na instalación dun videomarcador no pavillón municipal da Sangriña. No mesmo pavillón procederase á instalación dun sistema anticondensación para evitar un dos problemas máis graves que tiña o recinto deportivo. Por último, a cuberta do club de remo Robaleira sufriu no último ano un deterioro importante debido á climatoloxía, polo que é necesario acometer a renovación da cuberta e o pintado exterior das instalacións. A suma dos tres convenios supera o importe dos 147.000€.
    Ademais do anterior, no Porto están contempladas dúas actuacións, a primeira é a modificación dos contedores no inicio da rúa do porto para facilitar a recollida de lixo e mellorar o seu entorno para conseguir a separación física entre os contedores e a zona de terrazas. E debido ao incremento de vehículos que están utilizando a estrada entre o Porto da Guarda e a depuradora, o concello tomou a determinación de completar o pavimentado en adoquín no ancho de toda a estrada, esta obra ten un custo aproximado dos 77.000€.
    Ademais destes investimentos tamén se aprobou unha partida de 75.000€ para axudas COVID para os sectores afectados pola pandemia. Este acordo da cumprimento ao acordo plenario, adoptado hai unhas semanas, de adicar o 1% do orzamento municipal para este fin.

    Tag:A Guarda, investimentos, pleno

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Continúa na Guarda a programación polo Día do Libro
    21 Abril, 2021

    Seguinte nova

    As celebracións polo Día do Libro na Guarda continúan cun mural participativo e con agasallos pola compra de libros
    21 Abril, 2021

    Tamén te poden gustar

    • Suspéndese a actividade deportiva exterior pola alerta laranxa
      5 Novembro, 2025
    • O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
      25 Setembro, 2025
    • A unidade móbil de ADOS volve esta semana á Guarda
      22 Setembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web