(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • O Fondo Galego aproba un plan centrado na Axenda 2030 e na cooperación internacional

    O Fondo Galego aproba un plan centrado na Axenda 2030 e na cooperación internacional

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local, Xerais
    • Date 30 Xuño, 2020

    A asociación de concellos e deputacións presentou esta mañá na súa primeira asemblea virtual un programa adaptado ao contexto da Covid-19

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 na Asemblea Xeral celebrada esta mañá, a primeira que se desenvolve de xeito virtual na historia da asociación de concellos e deputacións, a fin de minimizar o risco sanitario derivado da Covid-19. As e os asistentes déronlle tamén luz verde ao Plan de Actividades 2020, que houbo de adaptarse ao novo contexto xerado pola pandemia, tanto para as accións en Galicia como nos países do Sur.

    Neste senso, substituíronse todas as actividades que implicaban viaxes internacionais, como o xa clásico programa de voluntariado Vacacións con Traballo ou a celebración do II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía. No entanto, a planificación para o ano en curso intensifica a implementación da Axenda 2030 nas administracións locais, con iniciativas como a elaboración de plans municipais para a localización dos Obxectivos de Densenvolvemento Sostible. Ademais, ofrecerase formación ao respecto na nova web.

    Os proxectos de cooperación para o desenvolvemento aprobados encádranse tamén na crise xerada polo coronavirus. Investiranse un total de 98.126 euros en Mozambique e Guinea-Bissau, dos que 27.000 corresponden a achegas extraordinarias dos concellos de Cambre e Narón. Sensibilización da veciñanza, dotación de materiais de prevención, abastecemento de auga e saúde da infancia son algunhas das intervencións que se financiarán.

    Situar a cooperación cos países do Sur como eixo central da actividade é precisamente un dos obxectivos establecidos nas Liñas Estratéxicas para o mandato actual, que foron presentadas polo presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González. Traballarase asemade para incrementar a base asociativa e a súa implicación, alén de continuar sensibilizando aos gobernos locais sobre a solidariedade internacional e de reforzar tanto a transparencia como as alianzas estratéxicas.

    Na Asemblea Xeral Ordinaria abordouse tamén o novo marco de relacións co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), think tank impulsor do Fondo Galego que desde o mes de abril xa non exerce a Secretaría da organización. Este feito levou a actualizar a Comisión Executiva, coa incorporación do Concello do Irixo. Por outra parte, ratificáronse as altas e baixas de entidades socias, formalizándose a incorporación de Baños de Molgas. Houbo asemade ocasión de presentar a memoria de actividades e o balance económico de 2019. Unha vez rematada a xuntanza inicial, desenvolveuse a continuación a Asemblea Xeral Extraordinaria, coa modificación estatutaria como único punto da orde do día.

    O Fondo Galego

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

    Tag:A Guarda, Cooperación, fondo galego, Solidariedade

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Deputación abre este mércores o prazo de inscrición para as visitas aos Bosques terapéuticos
    30 Xuño, 2020

    Seguinte nova

    Celebrada la XL sesión plenaria de la Comisión Permanente Internacional del rio Miño (CPIRM) en el Concello de A Guarda
    2 Xullo, 2020

    Tamén te poden gustar

    • Suspéndese a actividade deportiva exterior pola alerta laranxa
      5 Novembro, 2025
    • O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
      25 Setembro, 2025
    • A unidade móbil de ADOS volve esta semana á Guarda
      22 Setembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web