O martes ábrense as citas para renovar o DNI e pasaporte en agosto
A partir do martes 29 de xullo pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte.
Recordamos que co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite. O VIDOC instalarase na Praza do Reló, o mércores 6 e o luns 25 de agosto. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.
O martes 29 de xullo pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00. É a primeira vez que hai servizo de renovación de DNI durante todo o verán, os meses de xullo e agosto.



