O sorteo de TAPEARTE 2017 trasladase para o xoves 6 de xullo
Despois de 5 fins de semana o pasado domingo 18 de xuño rematou a quinta edición da ruta gastronómica Tapearte e que na que repartiron centos de tapas cada día.
Debido ao éxito de participación as urnas contan con centos de pasaportes que teñen que ser revisados. Ademais de contabilizar a valoración de cada tapa puntuada para despois coñecer os establecementos gañadores do Concurso a Mellor Tapa 2017 e por último proceder á realización do sorteo despois de validar todos os pasaportes. Este proceso leva o seu tempo polo que a Concellería de Turismo acordou trasladar a realización do sorteo xa que se atopa inmersa na organización e promoción da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
En definitiva o resultado do sorteo dos premios e do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte nas dúas categorías trasladase ao xoves 6 de xullo, data na que se publicarán os gañadores ademais de informarase telefonicamente.
Organiza Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. Patrocina: DISRAMO