(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • Orpagu, 25 anos para liderar Europa e capitanear a vangarda pesqueira

    Orpagu, 25 anos para liderar Europa e capitanear a vangarda pesqueira

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 3 Setembro, 2021

    • Os guardeses volcaronse con Orpagu e saíron á rúa para aplaudir a labor deste grupo de armadores que en 25 anos se convertiron en líderes europeos grazas á súa moderna concepción da actividade pesqueira.
    • A innovación é unha das señas de identidade do grupo guardés. Se fai uns meses foi noticia por impulsar o primeiro pesqueiro do mundo con vela ríxida, agora traballa nun proxecto de exoesqueletos mecánicos para facilitar o manexo de grandes peces na súa pranta frigorífica de Tui.

    O milagre de que A Guarda, localidade galega de 10.025 habitantes, sexa o referente europeo do palangre de superficie ten moito que ver co paso adiante que en 1995 deron 15 armadores ao constituír unha organización profesional, Orpagu, que representara os seus intereses: os dunha flota dirixida agora ao peixe espada tras haber pescado merluza en Marrocos durante a década dos 80, ata que o caladeiro deixou de ser rentable. Festexar ese exitoso cuarto de século de vida foi o obxectivo dos actos de aniversario que mobilizaron hoxe á cidadanía guardesa en torno a un dos seus referentes e que contou co apoio de institucións pesqueiras de España e Portugal.
    Na memoria, aquel 31 de agosto de 1996 no que nacía xa de forma oficial a Organización de Palangreros Guardeses (Orpagu) con 78 barcos e unha estrutura adaptada ás necesidades das súas empresas asociadas, maioritariamente de carácter familiar. O seu primeiro obxectivo foi o uso dos fondos europeos para a renovación dos barcos. Neses anos, dende Orpagu se tramitaron os expedientes de construción dunha vintena de novas unidades e a modernización de prácticamente toda a flota do

    grupo. En Bruselas xa empezaban a fixarse nesta pequena localidade galega.
    Nestes 25 anos, Orpagu se ten convertido na organización de palangre de superficie máis importante do continente cun volume de produción conxunta, entre os asociados galegos e portugueses, que supera as 5.000 toneladas anuais de peixe espada, unha facturación por riba dos 60 millóns de euros e máis dun millar de empregos directos. Nisto ten moito que ver a unión da Guarda con Portugal, iniciada formalmente en 2017 coa adhesión da primeira empresa pesqueira lusa, o que lle conferiu a Orpagu a categoría de organización transnacional. Esta relación se fortaleceu no 2020 coa alianza estratéxica con Vianapesca, a Cooperativa de Armadores de Pesca Artesanal de Peniche e a Asociación de Armadores de Peniche. Desta forma, aos 39 palangreiros da Guarda uníronse outros 40 portugueses que, dende ese momento, realizan as súas descargas no porto de Vigo.
    Este crecemento non é casual. A aposta de Orpagu po un modelo sostible e pola innovación marcou a súa singladura nestes 25 anos e o seu carácter emprendedor quedou reflexado nalgunhas das accións que puxeron en marcha neste tempo. Un bo exemplo é a súa incorporación á comercialización dos seus produtos, transformándollos en conservas delicatessen ou noutros formatos capaces de captar a novos consumidores, como é o caso das hamburguesas de peixe espada. De Orpagu tamén saíu o deseño dun ‘salvatartarugas’, para garantir a supervivencia das que capturan accidentalmente, así como o liderazgo do proxecto Obepal, que ten como obxectivo a estandarización da metodoloxía de observación electrónica pesqueira monitorizada como alternativa e complemento á presencia de observadores físicos a bordo, pero mantendo a mesma fiabilidade.
    Da vela ríxida aos exoesqueletos, sempre na vanguarda
    Pero, sen dúbida, unha das iniciativas máis ambiciosas da organización guardesa foi a súa aposta por un proxecto pioneiro para acadar maior eficiencia enerxética nos barcos, potenciando o uso do vento para

    reducir o gasto de combustible e as emisións contaminantes. Así, o pasado mes de xuño, o palangreiro “Balueiro Segundo” foi o primeiro pesqueiro do mundo en navegar cunha vela ríxida, un dispositivo de 12 metros de altura dotado dun sistema de control autónomo co que esperan contribuír á redución de emisións de gases.
    Coincidindo co 25 aniversario, Orpagu fixo realidade outro dos seus soños: contar cunha infraestrutura propia que lle permita cerrar o círculo da súa actividade, dende a captura á comercialización, pasando polo proceso de transformación e produción. A compra dunha parcela de máis de 7.000 metros cadrados en Tui permitirá construír unha planta frigorífica cunha capacidade de almacenamento de 3.000 toneladas de peixe e unha aula de I+D para desenvolver novos produtos.
    Nesta liña enmárcase precisamente o novo reto da organización, agora en colaboración co Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia: a utilización por primiera vez no sector pesqueiro de exoesqueletos, un armazóns construídos “ad hoc” para potenciar a fuerza e os movementos das persoas que os leven con fin de manipular sen esforzo as especies de gran tamaño que captura a flota de Orpagu.
    Toda esta información é a que conforma a exposición organizada con motivo do 25 aniversario. Os 10 tótems exhibiranse no Concello da Guarda e o Paseo Marítimo ata o próximo día 17 de setembro. Esta mañá tivo lugar a presentación da mostra nun acto que contou coa presencia da secretaria xeral de Pesca do Goberno de España, a secretaria de Estado de Pesca de Portugal e a conselleira do Mar, sendo presidido polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, y o propio presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla.
    A actuación musical dunha agrupación local, unha comida de confraternidade e diversas actividades para os máis pequenos completaron o programa co que Orpagu festexou os seus 25 anos de existencia. E o que queda…

    Tag:A Guarda, ORPAGU, Pesca

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda acolle ata o 12 de setembro o 90 Encontro Internacional da FICC 2021
    3 Setembro, 2021

    Seguinte nova

    Últimas prazas para unha xornada de observación de estrelas na Guarda
    4 Setembro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A Festiña Campusina volve a montar unha festa para todas as idades o sábado 16 de maio
      7 Maio, 2026
    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 28 de abril
      24 Abril, 2026
    • A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda
      22 Abril, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web