Padrón relativo ao Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do exercicio tributario 2018
ANUNCIO
A Presidencia desta Corporación, mediante resolución núm. 2018-0261 de 20 de marzo aprobou o padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica correspondente ao exercicio tributario 2018 do Concello da Guarda. Dita resolución é definitiva en vía administrativa.
O padrón fiscal exporase ao público nas oficinas municipais no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, anuncio que ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do previsto no artículo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinalo e formular contra os actos que se notifican, ante a Presidencia deste Concello, recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública do padrón.
De conformidade co previsto no artigo 14.1.c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, comunícase ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza do Imposto de vehículos de tracción mecánica para o Concello da Guarda será do día 1 de abril de 2018 ao 7 de xuño de 2018, ámbalas dúas datas incluídas.
O imposto deberá satisfacerse a través das seguintes entidades bancarias:
BANCO PASTOR | BBVA | ABANCA | CAIXABANK | BANCO SANTANDER | BANCO SABADELL
Ao vencemento do prazo en período voluntario sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comenzo do procedemento de constrinximento, coa percepción do recargo da mora e demáis conceptos exisibels, tal e como se fixa no artigo 160 e 161 da Lei 58/2003, de 17 de Decembro, Xeral Tributaria e nos artigos 69 e seguintes do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.