Peche do ciclo de charlas “Manual de instrucións para educar” na Guarda
Este pasado martes 24 de maio finalizou o Ciclo de Charlas “Manual de instrucións para educar” organizado polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda.
Este pasado martes 24 de maio finalizou o Ciclo de Charlas “Manual de instrucións para educar” organizado polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda.
A iniciativa, que buscaba compartir pautas sinxelas e ofrecer un espazo de reflexión e intercambio de experiencias, para poder axudas ás nais, pais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento dos nenos e nenas e adolescentes para facilitar a convivencia familiar, resultou moi exitosa tanto no número de asistentes como na acollida dos mesmos ao diferentes temas tratados. Estes abarcaron temas relacionados coa educación como a importancia da comunicación na familia ou pautas para fomentar a autoestima.
O ciclo comezou en febreiro e contou cun total de 4 charlas que se celebraron o último martes de cada mes, ata finalizar en maio. A última da charlas, a do pasado martes, foi “Do berce á adolescencia. Ferramentas útiles con adolescentes” a cargo do terapeuta familiar Esteban Figueirido. Nesta falouse dos factores que poden afectarnos á hora de ver a adolescencia, cales son os ingredientes clave para chegar ó desenvolvemento dunha adolescencia saudable, enfocando o tema dunha maneira eficaz proporcionando ferramentas útiles que si funcionan. Ademais, ó remate repartiuse un manual resume que incluía o máis importante das 4 xornadas.
Dende O Concello da Guarda queren agradecer a todos os que asistiron a estas citas que fixeran delas un espazo de diálogo no que compartir experiencias e ensinanzas que enriqueceron a visión da educación tanto dos guardeses e guardesas como dos propios educadores que asistiron ás charlas.