A Policía Local pide precaución no Castelo de Santa Cruz por unha praga de procesionarias
A Policía Local da Guarda advirte da presenza dun elevado número de eirugas procesionarias do piñeiro no interior do recinto do Castelo de Santa Cruz.
Por este motivo, e malia que xa se están a tomar medidas para a erradicacións desta praga, aconséllase precaución á hora de entrar na fortaleza, con especial atención aos cativos e cativas, pois o pelo desta eiruga pode ocasionar irritacións ou reaccións alérxicas nas persoas.
Así mesmo, a procesionaria pode resultar tóxica para os animais de compañía, polo que desaconsella esta zona como percorrido de paseo cos cans e outras mascotas evitando, para maior seguridade, todas as áreas con piñeiros.