Prazas dispoñibles para inscribirse na “I Actividade e Mantemento para Maiores” na Guarda
Onte, martes 4 de outubro, deu comezo a “I Actividade e Mantemento para Maiores”, unha das iniciativas impulsadas dende a Concellería de Deportes do Concello da Guarda para este mes de outubro. Esta iniciativa, que é de balde, ten como principal obxectivo potenciar a actividade física como medio de mantemento da saúde e do benestar xeral .
Onte, martes 4 de outubro, deu comezo a “I Actividade e Mantemento para Maiores”, unha das iniciativas impulsadas dende a Concellería de Deportes do Concello da Guarda para este mes de outubro. Esta iniciativa, que é de balde, ten como principal obxectivo potenciar a actividade física como medio de mantemento da saúde e do benestar xeral do corpo.
A actividade desenvolverase durante catro semanas deste mes, con dúas sesións por semana, facendo así un total de 8 sesións de 60 minutos cada unha. Estas terán lugar os martes e xoves de 11 a 12 horas da mañá. Nesta primeira sesión os asistentes participaron nunha clase de introdución ó pilates.
Pero as actividades que se levarán a cabo van ser moi variadas. Por exemplo haberá sesións de exercicios de forza e resistencia, test de saúde, traballo aeróbico, exercicios biosaudables, ximnasia e outras actividades. Así, en función da actividade, variará o lugar onde se realice, o que será avisado con antelación.
Para todos aqueles que o desexen aínda quedan prazas libres para incorporarse á actividade. Para máis información e para anotarse poden chamar ó teléfono 986610000 ou achegarse ata o Concello da Guarda.