Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación polo procedemento aberto, do servizo de asistencia sanitaria para o personal funcionario do Concello da Guarda non acollido ó sistema de asistencia sanitaria da seguridade social
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN POLO PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA O PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DA GUARDA NON ACOLLIDO Ó SISTEMA DE ASISTENCIA SANITARIA DA SEGURIDADE SOCIAL
I
DISPOSICIÓNS XERAIS
1.- OBXECTO DO CONTRATO (arts. 86 e 116 TRLCSP, 67 RG)
O obxecto do contrato é a contratación do servizo de asistencia sanitaria médico/quirúrxica ós funcionarios do Concello da Guarda non acollidos ao sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social de acordo co establecido no artigo sexto e na Disposición Transitoria Quinta do Real Decreto 480/1993, de 2 de abril polo que se integra no réxime xeral da Seguridade Social o réxime especial da Seguridade social dos funcionarios da administración local. Os beneficiarios desta póliza sanitaria aparecen relacionados no anexo I do prego de cláusulas técnicas. A execución do obxecto do contrato deberá adecuarse ao seguinte prego de cláusulas administrativas, así como ao de prescricións técnicas que forma parte do mesmo expediente e ten tamén carácter contractual.
O devandito obxecto corresponde ao código 65.12 da nomenclatura da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009), así como ao código 66512200-4 (servicios de seguros de asistencia médica) da nomenclatura Vocabulario Común de Contratos (CPV) da Comisión Europea.
2.- ÓRGANO DE CONTRATACIÓN (arts. 51.1 e 316 TRLCSP, e 4 RG)
2.1.- O órgano de contratación é o Alcalde do Concello da Guarda.
2.2.- O mencionado órgano ten a facultade para adxudicar o correspondente contrato e, en consecuencia, ostenta as prerrogativas de interpretalo, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta, con suxeición á normativa aplicable. Os acordos que a este respecto dite serán executivos, sen prexuízo do dereito do contratista á súa impugnación ante a Xurisdición competente.
3.- RÉXIME XURÍDICO E XURISDICIÓN
3.1.- O contrato que se subscriba terá caracter privado, conforme ó disposto no párrago segundo do apartado 1 do artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, por tratarse dun servizo comprendido na categoría 6 do Anexo II, e rexirase en cando a súa preparación e adxudicación, en defecto de normas administrativas específicas, pola citada lei e as súas disposicións de desenvolvemento e, en canto ós seus efectos e extinción, polas seguintes normas de dereito privado:
Lei 50/1980, de 8 de outubro, de Contrato de Seguro.
Ley 30/1995, sobre ordenación e supervisión dos seguros privados.
Lei 34/2003, de 4 de novembro, de Modificación e adaptación á normativa comunitaria da lexislación de seguros privados.
Real Decreto Lexislativo 6/2004, de 29 de outubro, plo que aproba o Texto refundido da Lei de Ordenación e supervisión de seguros privados.
Lei 26/2006, de 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados
Real Decreto 2486/1998, de 20 de novembro polo que se aproba o regulamento de seguros
Real Decreto 996/2000, de 2 de xuño, de Modificación dos Regulamentos de Ordenación do Seguro Privado e Entidades de Previsión Social.
Real Decreto 297/2004, de 20 de febreiro, polo que se modifica o Regulamento de Ordenación e supervisión de seguros privados.
Real Decreto 480/1993, de 2 de abril, polo que se integra no Réxime Xeral da Seguridade social o Réxime especial da Seguridade Social dos Funcionarios da Administración Local.
3.2.- A orde xurisdiccional civil será a competente para resolver controversias que xurdan entre as partes neste contrato privado; non obstante, consideraránse actos xurídicos separables os que se diten en relación coa preparación e adxudicación do contrato e, en consecuencia, poderán ser impugnados ante a orde xurisdiccional contencioso-adminsitrativa de acordo coa normativa reguladora de dita xurisdicción.
O contratista renuncia á xurisdicción dos tribunais do seu propio fuero ou domicilio e se somete formalmente á competencia e xurisdicción dos tribunais de Pontevedra, no referente á preparación, adxudicación, formalización, interpretación, cumplimento e extinción do contrato.
3.3.- O licitador, polo feito da súa presentación a este procedemento de contratación, acepta de maneira expresa o establecido neste prego e no de cláusulas tecnicas que formarán parte integrante do contrato.
4.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR (art 54, 56, 57, 58, 64 e 72.3 TRLCSP e arts. 9 e 10 RG)
4.1.- Poderán contratar coa Administración as persoas naturais ou xurídicas, españolas o extranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen comprendidas nalguna das circunstancias previstas no artigo 60 do TRLCSP, extremo que se poderá acreditar por calquera dos medios establecidos no artigo 73 do TRLCSP.
As empresas deberán ser persoas físicas ou xurídicas cuxa finalidade ou actividade teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais e dispoñan dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.
As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante certificación de inscrición nun dos rexistros profesionais ou comerciais que se indican no anexo I do Regulamento Xeral da LCAP.
Para poder participar na licitación, as empresas ou entidades que se presenten deberá estar constituidas como sociedades de seguros, con autorización ou habilitación para actuar en España na rama de enfermidade, de acordo co disposto no artigo 5 e, no caso de entidades aseguradoras extranxeiras, nos artigos 78 e ss. do Real Decreto Lexislativo 6/2004, de 29 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Ordenación e supervisión de seguros privados. Este requisito acreditarase mediante certificación emitida pola Direccion General de Seguros y Fondos de Pensiones do Ministerio de Economía, xustificativa do anteriormente sinalado, así como de que na data da certificación non foi revocada a autorización admisnitrativa concedida para o exercizo da súa actividade, de que a entidade non está incursa en causa de disolución e de que dispón de garantías financieras suficientes.
4.2.- Ademais dos requisitos sinalados, o licitador proposto como adxudicatario deberá acreditar a súa solvencia técnica, económica e financeira a través dos medios de xustificación que, ao amparo dos artigos 62, 75 e 77 do TRLCSP, se reseñan a continuación:
4.2.1- Solvencia económica:
-Declaración sobre o volume global de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referido aos tres últimos exercicios dispoñibles, en función da data de creación ou de inicio de actividades do empresario. Entenderase acreditada a solvencia económica se a declaración de menor importe dos tres últimos anos é superior ao dobre do prezo do contrato ou tratándose de plurianuais, da anualidade máxima do mesmo.
4.2.2- Solvencia técnica:
-Unha relación dos traballos directamente relacionados co obxecto do contrato realizados nos últimos cinco anos que inclúa importes, datas e destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. Resultará acreditada se a relación de traballos no ano de menor importe dos cinco últimos anos é superior ao dobre do prezo do contrato.
Aos efectos previstos no parágrafo anterior, os certificados de clasificación ou documentos similares que fosen expedidos por Estados membros da Unión Europea a favor dos seus propios empresarios constituirán unha presunción de aptitude nos termos sinalados no artigo 84.1 do TRLCSP.
4.3.- Non poderán concorrer á licitación aquelas empresas que participasen na elaboración das especificacións técnicas a que se refire o presente contrato, sempre que dita participación poida provocar restricións á libre concorrencia ou supoñer un trato privilexiado con respecto ao resto das empresas licitadoras. (art. 56.1 TRLCSP)
4.4.- Os que contraten coa Administración poderán facelo por si, ou mediante a representación de persoas debidamente facultadas para iso. (art. 21 RG)
Os licitadores deberán solicitar e obter da Secretaría do Concello, acto expreso e formal de bastanteo da documentación que pretendan aportar aos efectos de acreditar a súa representación para licitar, con carácter previo á presentación da mesma.
Non obstante, e con carácter excepcional, os documentos acreditativos da representación, poderán ser cualificados, no seo da Mesa de Contratación, polo Secretario do Concello, consignándose expresamente na acta respecto a se a documentación aportada é bastante para que o representante exerza as facultades de licitar en relación co expediente concreto.
5. ORZAMENTO DE LICITACIÓN (arts. 87 e 293 LCSP)
5.1.- O orzamento máximo de licitación que deberá soportar o Concello da Guarda fíxase en 26.750,52 euros/ano (exento de IVE). O adxudicatario deberá desglosar a súa oferta en cota mensual por beneficiario considerando que a prima unitaria total máxima será: 76,87 euros por beneficiario e mes
5.2.- O valor estimado do contrato ascende a 107.002,08 euros dado que se prevé no prego de prescricións unha duración do mesmo de dous anos, prorrogables por outros dous, sendo o máximo de catro.
5.3.- No prezo do contrato consideraranse incluídos os demais tributos, taxas e canons de calquera índole, que sexan de aplicación, así como todos os gastos que se orixinen para a adxudicataria como consecuencia do cumprimento das obrigas contempladas no presente prego.
6.- EXISTENCIA DE CRÉDITO ORZAMENTARIO (art. 26.1.k) TRLCSP e 67.2.d RG)
Existe o crédito orzamentario preciso para atender as obrigas económicas que se deriven da contratación nas partidas (Multiaplicación)
De conformidade co disposto no artigo 174 do Decreto lexislativo 2/2004 do 5 de maio polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais e nos artigos 79 e seguintes do Decreto 500/90, a autorización ou realización de gastos de carácter plurianual subordinarase ao credito que para cada exercicio autoricen os respectivos orzamentos.
7.- REVISIÓN DE PREZOS (arts 89 e ss. TRLCSP).
Non cabe a revisión de prezos.
8.- DURACIÓN DO CONTRATO. PRAZO DE EXECUCIÓN (arts. 23, 213 e 303 TRLCSP)
8.1.- O contrato terá un prazo máximo de execución de DOUS ANOS, a contar dende o día que se estipule no contrato.
O contrato poderá ser prorrogado por acordo expreso do órgano de contratación por períodos máximos de outros dous anos máis, sendo esta prórroga obrigatoria para o empresario, ao amparo do disposto no art. 23.2 TRLCSP.
8.2.- No caso de que o contrato se prorrogue, manteranse inalterados os prezos unitarios iniciais, de conformidade co establecido na cláusula 7 do presente prego.
II ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
9.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN (arts. 109.4, 150, 160 e 169 TRLCSP)
9.1.- A efectos de determinar a publicidade e o procedemento de adxudicación, e as posibles modificacións o valor estimado da contratación a realizar, incluídas as posibles prórrogas (art. 23.2 e 88 do TRLCSP), e sen incluír o IVE que deberá soportar a Administración, ascende a 107.002,08 euros.
9.2.- O contrato adxudicarase, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, tomando como base os criterios de adxudicación que se relacionan a continuación:
9.3.- Criterios de adxudicación.
Son criterios que han de servir de base para a adxudicación do contrato os seguintes, por orde decrecente de importancia conforme á seguinte ponderación:
CRITERIOS PONDERACIÓN
1. Proposta de baixa no prezo: ata 20 puntos.
2. Diminución do tempo de espera en atencións especializadas: ata 5 puntos.
9.4.- Procedemento de avaliación das proposicións.
9.4.1.- A valoración das ofertas realizarase de acordo co seguinte procedemento:
1.- CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS.
MELLOR OFERTA ECONÓMICA: Ata 20 puntos.
Outorgaranse 20 puntos á proposición máis económica, valorando as restantes segundo a seguinte fórmula: P = 20x (menor prezo ofertado /importe da oferta que se valora).
MENOR TEMPO DE ESPERA EN ATENCIÓNS ESPECIALIZADAS: Ata 5 puntos.
Outorgaranse 5 puntos á proposición con menor tempo de espera e 0 puntos á proposta con maior tempo de espera, valorando as restantes segundo unha fórmula polinómica de tipo recto. No caso de non presentar oferta neste apartado tamén se obterá unha puntuación de 0 puntos.
9.4.2.- Obtida a puntuación de todas as ofertas respecto de cada un dos criterios, sumarase a puntuación total de cada unha delas, resultando seleccionada a que obteña maior puntuación. A adxudicación recaerá na oferta que no seu conxuntose considere máis beneficiosa para o interese público, que coincidirá coa que alcanceunha maior puntuación.
9.5.- No caso de que varias empresas se atopen nas circunstancias expresadas, terá preferencia na adxudicación do contrato o licitador que dispona da maior porcentaxe de traballadores fixos discapacitados no seu cadro de persoal.
Se tras a aplicación do exposto no paragrafo anterior persistise o empate, e de conformidade co establecido nos artigos 11 e 19 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia e artigo 28 do Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas políticas de emprego, terá preferencia na adxudicación aquela empresa que tena implantado un plan de igualdade ou, se é o caso, tivera obtido a Marca Galega de Excelencia en Igualdade (neste caso, durante o ano natural seguinte ao da súa obtención).
No suposto de que unha vez aplicados estes criterios existisen dúas ou máis entidades con idéntica puntuación que, á súa vez, acrediten o especificado nos parágrafos anteriores, a adxudicación determinarase acudindo a puntuación acadada de acordo cos criterios sinalados no apartado 1, resolvéndose a favor daquela que obtivera respecto del a máis alta.
10.- GARANTÍAS
10.1.- GARANTÍA PROVISIONAL.- De acordo co establecido no artigo 103.1 do TRLCSP, os licitadores non deberán constituír garantía provisional.
10.2.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O que presente a oferta económicamente máis ventaxosa deberá constituír a disposición do órgano de contratación unha garantía definitiva á que se refire o art. 95 TRLCSP, dun 5 por 100 do importe da adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, por medio de calquera das formas previstas no art. 96 e segundo o estipulado no art. 97 do TRLCSP en canto ao réxime das garantías prestadas por terceiros
11.- PRAZO E PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS (artigo 92 RG)
11.1.- As proposicións e a documentación complementaria presentaranse, na forma indicada nos apartados seguintes, no Rexistro Xeral do Concello do Concello da Guarda (Praza do Reló, nº 1 36780. A Guarda Pontevedra), de luns a venres en horas de 8 a 15,00 e no prazo de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP (art. 159 TRLCSP).
11.2.- A presentación poderá realizarse mediante entregas no Rexistro Xeral do Concello da Guarda. Tamén poderá realizarse mediante envío por correo, en cuxo caso o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío e comunicar no mesmo día ao órgano de contratación, por fax, telex ou telegrama, a remisión da proposición. Dita comunicación poderá tamén realizarse por correo electrónico, se ben este medio só será válido se existe constancia da súa transmisión e recepción, das súas datas e do contido íntegro das comunicacións e se identifica fidedignamente ao remitente e ao destinatario. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a proposición no caso que fose recibida fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.
Non obstante, transcorridos dez días naturais desde a terminación do prazo, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.
11.3.- Os interesados poderán examinar o prego e documentación complementaria nas oficinas do Concello da Guarda.
11.4.- A presentación das proposicións presume a aceptación incondicional polo empresario da totalidade do contido do presente prego, sen salvidade ningunha.
12.- CONTIDO DAS PROPOSICIÓNS (arts. 72, 145 e 146 TRLCSP e art. 80 RG)
12.1.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, incluídos nun exterior coa seguinte referencia, “ASISTENCIA SANITARIA PARA O PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DA GUARDA NON ACOLLIDO Ó SISTEMA DE ASISTENCIA SANITARIA DA SEGURIDADE SOCIAL”, e o nome e apelidos ou razón social da empresa licitadora, números de teléfono e de fax, e enderezo de correo electrónico, de dispoñer deles, así como coa sinatura do licitador ou persoa que o represente.
O contido de cada sobre, que deberá estar relacionado en folla independente, deberá ter os requisitos que se sinalan a continuación:
12.2.- Sobre número 1: Deberá ter o seguinte título: “SOBRE Nº 1: Documentación xeral para a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do Servizo de asistencia sanitaria para o persoal funcionario do concello da guarda non acollido ó sistema de asistencia sanitaria da seguridade social “.
Neste sobre, e de conformidade co disposto na Lei 14/2013 de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, substituirase a presentación da documentación que se relaciona a continuación, por declaración responsable indicando que cumpre as condicións estabelecidas legalmente para contratar coa Administración, conforme ao modelo que figura como Anexo nº I destes pregos. Esta declaración, en consecuencia, é a única a incluír neste sobre nº 1 no momento de presentación das ofertas e presentarase conforme ao modelo previsto no anexo 1 destes pregos. (art. 146.4 TRLCSP).
O licitador a cuxo favor recaia proposta de adxudicación deberá acreditar, ante o órgano de contratación, previo á adxudicación do contrato, a posesión e validez dos documentos esixidos, sendo entón, o momento determinante para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar ca Administración o de finalización do prazo de presentación de proposicións.
En todo caso o órgano de contratación, poderá requirir, en calquera momento anterior á adopción da proposta de adxudicación, que os licitadores aporten documentación acreditativa do cumprimento das condicións estabelecidas para ser adxudicatario do contrato. (art. 146.4 TRLCSP).
12.2.1.- Polo tanto, o documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición, presentaranse no seu momento polo proposto como adxudicatario, na forma prevista na cláusula 16 destes pregos.
12.3.- Sobre número 2: Deberá ter o seguinte título: “SOBRE Nº 2: Proposición tecnica e económica para a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do Servizo de asistencia sanitaria para o persoal funcionario do concello da guarda non acollido ó sistema de asistencia sanitaria da seguridade social “.(arts. 145 e 146 TRLCSP)
12.3.1.- Os licitadores incluirán neste sobre a documentación relacionada cos criterios de adxudicación a que se refire a cláusula 9.3 do presente prego, contendo todos os elementos que a integran, incluídos os aspectos técnicos da mesma.
12.3.1.1 – O contido da proposición será redactado de acordo co modelo previsto no Anexo nº II destes pregos, sen erros ou riscaduras que dificulten coñecer claramente o que o órgano de contratación estime fundamental para considerar as ofertas, e que, de producirse, provocarán que a proposición sexa rexeitada. Na proposición económica, que non deberá superar o orzamento de licitación establecido na cláusula 6 do presente prego, deberá indicarse, como partida independente, o imposto sobre o valor engadido (IVE) que deba ser repercutido. (art.º 145.5 TRLCSP).
12.3.2- Cada licitador poderá presentar só unha proposición en relación co obxecto do contrato, sen que se poidan presentar variantes ou alternativas. (art. 145.3 TRLCSP)
12.3.3.- O empresario que licitase en unión temporal con outros empresarios non poderá, á súa vez, presentar proposicións individualmente, nin figurar en máis de unha unión temporal participante na licitación. O incumprimento desta prohibición dará lugar á non admisión de todas as proposicións por el subscritas.
Se algún licitador non achega a documentación relativa a algún dos criterios a que se refire este apartado, ou esta non contén todos os requisitos esixidos nos parágrafos anteriores, a proposición do devandito licitador será valorada respecto do criterio de que se trate.
Para ser tida en conta, a devandita documentación deberá estar subscrita na súa totalidade polo licitador, ou ir acompañada dunha relación dos documentos que a integran asinada polo licitador, na que declare, baixo a súa responsabilidade, ser certos os datos achegados. A Administración resérvase a facultade de comprobar en calquera momento a súa veracidade, ben antes da adxudicación do contrato, ou ben durante a súa vixencia, podendo realizar tal comprobación por si mesma, ou mediante petición ao licitador ou adxudicatario de documentación ou informes complementarios. A falsidade ou inexactitude de tales datos provocará a desestimación da oferta ou, no seu caso, a resolución do contrato, con perda da garantía constituída, así como a esixencia das responsabilidades e indemnizacións que de tal feito se deriven.
13.- MESA DE CONTRATACIÓN (art. 320 TRLCSP y art. 79 RG).
A Mesa de contratación estará integrada por:
– Presidente: o Alcalde do Concello
-Vocais:
-O secretario do Concello
-A interventora do Concello
– O Arquitecto técnico Municipal.
– A Concelleira de Facenda do Concello da Guarda.
-Secretario: Un funcionario/a adscrito/a á área de Secretaría do Concello da Guarda que acturá con voz pero sin voto. (art.320.3 TRLCSP).
14.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL (arts. 82 TRLCSP y 22, 81 y 82 RG)
Concluído o prazo de presentación de proposicións, a Mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral contida nos sobres número 1 presentados polos licitadores, e se observase defectos materiais na documentación presentada, notificarao por fax, telegrama ou correo electrónico ao licitador correspondente, deixando constancia de dita notificación no expediente, concedéndolle un prazo non superior a tres días hábiles para que o subsane. Agora ben, se a documentación dun licitador contivese defectos sustanciais ou deficiencias materiais non subsanables, non será admitido á licitación.
Á marxe da subsanación a que se refire o parágrafo anterior, a Mesa de contratación, a efectos de completar a acreditación da solvencia dos licitadores, poderá recabar destes as aclaracións que estime oportunas sobre as certificacións e documentos presentados, así como requirilos para a presentación doutros documentos complementarios, requirimento que deberá ser cumprimentado no prazo máximo de cinco días naturais e sempre antes da declaración de admisión das proposicións.
15.- APERTURA DE PROPOSICIÓNS ECONÓMICAS E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN (arts. 135, 144, 295 LCSP e 83 RG)
15.1.- A Mesa de contratación, unha vez cualificada a documentación do SOBRE Nº 1 e realizadas as subsanacións e, no seu caso, aportadas as aclaracións ou documentos complementarios requiridos, ou transcorrido o prazo que se conferise ao efecto, realizará en acto público a apertura das proposicións dos licitadores admitidos, no lugar e hora sinalados no anuncio de licitación, de acordo co seguinte procedemento:
15.1.1.- En primeiro lugar, o Presidente dará conta aos asistentes do número de proposicións recibidas e do nome dos licitadores, comunicando o resultado da cualificación da documentación xeral presentada nos sobres nº 1, con expresión dos licitadores admitidos e dos excluídos, e das causas da súa exclusión, invitando aos asistentes a que formulen as observacións que estimen oportunas, que serán reflectidas na acta, pero sen que neste momento poida a Mesa facerse cargo de documentos que non fosen entregados durante o prazo de admisión de ofertas, ou o de subsanación de defectos ou omisións.
15.1.2.- A continuación, o Secretario da Mesa procederá á apertura dos sobres n.º 2 dos licitadores admitidos, dando lectura á relación dos documentos achegados respecto aos criterios de adxudicación a que se refire o citado sobre.
Concluída a apertura das proposicións, o Presidente da Mesa invitará aos licitadores asistentes a que expoñan cantas observacións ou reservas estimen oportunas en relación co acto celebrado, informándoos, en caso de producirse estas, da posibilidade de presentar reclamacións escritas ante o órgano de contratación, no prazo máximo de un día hábil.
A continuación, darase por concluído o acto público celebrado, de cuxo desenvolvemento se deixará constancia na acta da reunión da Mesa.
15.2.- A Mesa, tras solicitar, se é o caso, os informes técnicos que estime oportunos, elevará ao órgano de contratación a proposta de adxudicación razoada que estime axeitada, que incluirá en todo caso a ponderación dos criterios indicados na cláusula 9.3 do presente prego, acompañada das actas das súas reunións e da documentación xerada nas súas actuacións e, no seu caso, dos informes emitidos. A devandita proposta non crea dereito ningún mentres o órgano de contratación non dite a resolución de adxudicación. (art.º 160.2 TRLCSP).
16.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A ADXUDICACIÓN (Art. 151 TRLCSP).
16.1.- O órgano de contratación requirirá ao licitador proposto como adxudicatario para que, dentro do prazo de dez días hábiles dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación prevista no artigo 146.1 do TRLCSP, que acredite a personalidade xurídica e a representación do empresario, a documentación que xustifique os requisitos da súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional así como a documentación acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de constituír a garantía definitiva procedente.
De non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte, pola orden en que quedasen clasificadas as ofertas. (Art. 151.2 TRLCSP).
16.2..- Polo tanto, o documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición, presentaranse no seu momento polo proposto como adxudicatario, na forma seguinte:
16.2.1..- Documento Nacional de Identidade, cando se trate de empresarios individuais. Se se trata de persoas xurídicas deberán presentar escritura de constitución, e de modificación no seu caso, inscritas no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, deberán presentar o documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial que fose preceptivo.
As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, haberán de acreditar a súa capacidade de obrar mediante presentación de certificación ou declaración xurada de estar inscritas nalgún dos rexistros que se indican no Anexo I do Regulamento Xeral da LCAP.
Os restantes empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante informe expedido pola representación diplomática española no Estado correspondente, na que se faga constar que figuran inscritos no Rexistro local, profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades que constitúen o obxecto do contrato.
Así mesmo, deberán aportar informe da respectiva misión diplomática permanente española relativo a que o Estado da súa procedencia admite á súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa Administración, en forma substancialmente análoga.
16.2.2.- Cando o licitador actúe mediante representante, este deberá aportar documento acreditativo da existencia da representación e do ámbito das súas facultades para licitar, bastanteado polo Secretario Municipal. A aportación da simple dilixencia de bastanteo do documento de apoderamento poderá suplir a aportación deste. (art. 35.f) LRJAP-PAC)
16.2.3.- Se varios empresarios acoden á licitación constituíndo unha unión temporal, cada un deles deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles, así como o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal de empresas en caso de resultar adxudicatarios do contrato, e a designación dun representante ou apoderado único da unión con poderes suficientes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobros e pagos de contía significativa.
16.3.- Os licitadores deberán aportar a documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica de conformidade co sinalado na cláusula 4.2 do presente Prego.
16.4.- Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable do licitador outorgada ante unha autoridade administrativa ou organismo profesional cualificado, ou mediante acta de manifestacións ante notario público, de non estar incurso nas prohibicións para contratar coa Administración conforme ao artigo 60 do TRLCSP.
Cando se trate de empresas de Estados membros da Unión Europea e esta posibilidade estea prevista na lexislación do Estado respectivo, poderá substituírse por declaración responsable, outorgada ante unha autoridade xudicial.
16.5.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitante.
16.6.- Os licitadores que estivesen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, regulado polo Decreto 262/2001, de 20 de setembro (D.O.G. nº. 200 do 16 de outubro de 2001), ou no Rexistro Voluntario de Licitadores do Ministerio de Economía e Facenda, estan exentos de presentar a documentación que obre nos mesmos sempre que se atope vixente. Neste caso, deberá presentarse acreditación da inscrición no correpondente rexistro actualizada á data da licitación.
16.7.- A acreditación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias realizarse presentando a seguinte documentación, de acordo cos artigos 13 e 15 do Regulamento Xeral da LCAP:
– De ser o caso, último recibo do Imposto sobre Actividades Económicas ou o documento de alta no mesmo, cando esta sexa recente e non xurdise aínda a obriga de pago. A alta deberá axuntarse en todo caso cando no recibo aportado non conste o epígrafe da actividade. Esta documentación deberá estar referida ao epígrafe correspondente ao obxecto do contrato que os faculte para o seu exercicio no ámbito territorial en que as exercen, debendo complementarse cunha declaración responsable do licitador de non terse dado de baixa na matrícula do citado Imposto.
– Certificación administrativa expedida polo órgano competente da Administración do Estado, polo que respecta ás obrigas tributarias con este último.
– Certificación administrativa expedida polo órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ás obrigas tributarias coa mesma.
O licitador que non estea obrigado a presentar todas ou algunha das declaracións o documentos correspondentes ás obrigas tributarias que se relacionan no artigo 13 do Regulamento Xeral da LCAP, deberá de acreditar tal circunstancia mediante declaración responsable.
O Concello comprobará de oficio que o licitador proposto como adxudicatario non ten débedas pendentes co Concello da Guarda. De non ser así se lle requirirá para que no mesmo prazo de dez días que se lle concede para abonar a garantía definitiva e demais taxas, abone os importes pendentes.
A acreditación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social realizarase mediante certificación expedida pola autoridade administrativa competente. No suposto que deba terse en conta algunha exención, deberase acreditar tal circunstancia mediante declaración responsable.
Os estranxeiros, sexan persoas físicas ou xurídicas, pertencentes ou non a Estados membros da Unión Europea que non teñan domicilio fiscal en España, deberán presentar certificación expedida por autoridade competente no país de procedencia, acreditativa de acharse ao corrente no cumprimento das correspondentes obrigas tributarias. Así mesmo, deberán de presentar certificación, tamén expedida por autoridade competente, na que se acredite que están ao corrente no cumprimento das obrigas sociais que se exixan no país da súa nacionalidade. Toda a documentación relacionada neste apartado deberá referirse aos doce últimos meses.
As certificacións a que se refiren as cláusulas anteriores deberán ser expedidas de acordo co disposto no artigo 15 do Regulamento Xeral da LCAP.
16.8.- Certificación da acreditación e autorización administrativa expedida pola dirección xeral de seguros do Ministerio de Economía, para operar na rama do contrato, nos termos do artigo 5 do Real Decreto Lexislativo 6/2004, de 29 de outubro.
16.9.- O proposto como adxudicatario deberá acreditar, no prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido o requirimento, a constitución da garantía definitiva por un importe do 5 por 100 do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.
A garantía poderá constituírse en metálico, mediante aval, en valores públicos ou en valores privados, por contrato de seguro de caución, ou por retención de parte do prezo, na forma e condicións establecidas nos artigos 55 e seguintes do Regulamento Xeral da LCAP, debendo depositarse o seu importe, ou a documentación acreditativa correspondente, na Tesourería do Concello da Guarda.
16.9.- Xustificante de ter aboados os gastos do anuncio de licitación.
16.10- Toda a documentación a presentar polos licitadores deberá de ser documentación orixinal ou ben copias que teñan carácter de auténticas ou compulsadas conforme á lexislación vixente na materia, agás o documento acreditativo da garantía definitiva, no seu caso, que deberá de aportarse en orixinal.
17.- ADXUDICACIÓN (art.151.3 TRLCSP)
17.1.- O órgano de contratación haberá de adxudicar o contrato dentro dos 5 días hábiles seguintes á recepción da documentación á que se refiren os artigos precedentes.
17.2.- Non poderá declararse deserta a licitación cando exista algunha oferta ou proposición que resulte admisible de conformidade cos criterios expresados neste prego.
17.3.- A adxudicación será motivada, notificarse aos licitadores e simultaneamente publicarase no perfil de contratante e deberá recaer no prazo máximo de dous meses ao contar dende o seguinte ao da apertura das proposicións. A notificación deberá conter, en todo caso, a información necesaria que permita ao licitador excluído ou ao candidato descartado interpoñer un recurso suficientemente fundado contra a decisión de adxudicación (Art. 151.4 e 161.2 TRLCSP
III FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
18.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO (arts. 27 e 156 TRLCSP)
18.1.- O adxudicatario queda obrigado a subscribir, dentro do prazo de quince días hábiles dende a data de recepción da notificación da adxudicación, o documento administrativo de formalización do contrato, ao que se unirá, formando parte do contrato, a oferta do adxudicatario e un exemplar do prego de cláusulas administrativas particulares e das prescricións técnicas, debidamente compulsados.
Cando o adxudicatario sexa unha unión temporal de empresarios, dentro do mesmo prazo e con anterioridade á sinatura do contrato, deberá aportar escritura pública de constitución como tal. (art.. 59 TRLCSP)
18.2.- O documento en que se formalice o contrato será en todo caso administrativo, sendo título válido para acceder a calquera rexistro público.
Non obstante, o contrato formalizarase en escritura pública cando así o solicite o contratista, sendo á súa custa os gastos derivados do seu outorgamento.
18.3.- Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. De non se levar a cabo esta dentro do prazo indicado por causa imputable ao adxudicatario, a Administración poderá acordar a incautación da garantía constituída. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase ao contratista dos danos e prexuízos que a demora lle puidera ocasionar.
IV
EXECUCIÓN DO CONTRATO
19.- RESPONSABLE SUPERVISOR DOS TRABALLOS OBXECTO DO CONTRATO (art. 52 TRLCSP)
O órgano de contratación poderá designar unha persoa física ou xurídica, vinculada ao ente contratante ou allea a el, como responsable do traballo, quen supervisará a execución do mesmo, comprobando que a súa realización se axusta ao establecido no contrato, e cursará ao contratista as ordes e instrucións do órgano de contratación.
20.- OBRIGAS DO CONTRATISTA
20.1.- O contrato executarase con estrita suxeición ás estipulacións contidas no presente prego de cláusulas administrativas particulares, observando fidelmente o establecido no prego de prescricións técnicas, así como as instrucións que, no seu caso, lle dea o responsable do contrato designado polo órgano de contratación.
20.2.- A execución do contrato realizarase a risco e ventura do contratista. Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen, por si ou por persoal ou medios dependentes do mesmo, a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración será responsable a mesma dentro dos límites sinalados nas leis.Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os defectos que se poidan apreciar que sexan consecuencia directa e inmediata dunha actuación ou orde da Administración. (Art. 214 TRLCSP).
20.3.- O contratista será responsable igualmente dos danos e prexuízos que se orixinen durante a execución do contrato, tanto para a Administración como para terceiros, por defectos ou insuficiencias técnicas do seu traballo, ou polos erros materiais, omisións e infraccións de preceptos legais ou regulamentarios nos que o traballo incorra, de acordo co establecido no artigo 305 do TRLCSP. Se o contrato se executase de forma compartida con máis dun profesional, todos responderán solidariamente das responsabilidades a que se refire esta cláusula.
20.4.- O contratista deberá cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo, debendo ter ao seu cargo o persoal necesario para a realización do obxecto do contrato, respecto do que ostentará, a todos os efectos, a condición de empresario. Asemesmo, deberá cumprir a normativa de riscos laborais.
21.- GASTOS E IMPOSTOS POR CONTA DO CONTRATISTA
21.1.- Son de conta do contratista todos os gastos derivados de elevar a escritura pública, se este o quixese..
21.2.- Tanto nas proposicións presentadas polos licitadores, como nos orzamentos de adxudicación enténdense comprendidos todas as taxas e impostos, directos e indirectos, e arbitrios municipais que graven a execución do contrato, que correrán por conta do contratista, salvo o Imposto sobre o Valor Engadido que deba ser soportado pola Administración, que se indicará como partida independente. (art. 145.5 TRLCSP)
Considéranse tamén incluídos na proposición do adxudicatario e no prezo do contrato todos os gastos que resultaren necesarios para a execución do contrato, incluídos os posibles desprazamentos.
22.- ABONOS AO CONTRATISTA (art. 216 TRLCSP)
22.1.- O pago do prezo realizarase mensualmente contra a presentación pola compañía aseguradora dos correspondentes recibos no prazo sinalado no artigo 216 do TRLCSP.
22.2.- O importe da facturación mensual será igual ó producto que resulte de multiplicar o número de beneficiarios do mes vencido pola cota por beneficiario ofertada polo contratista e aceptada pola administración. Para tal fin, o Concello dentros dos 10 primeiros días de cada mes facilitaralle ao contratista os datos do mes de referencia.
23.- CUMPRIMENTO DOS PRAZOS (art. 212 TRLCSP)
23.1.- O contratista queda obrigado ao cumprimento do prazo de execución do contrato nos termos previstos na cláusula 8 do presente prego.
23.2.- Se chegado o final do traballo, o contratista incorrese en demora, por causa imputable ao mesmo, a Administración poderá optar indistintamente, pola resolución do contrato con perda da garantía constituída ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato.
Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 por 100 do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades.
Esta mesma facultade terá a Administración respecto ao incumprimento por parte do contratista dos prazos parciais ou cando a demora no cumprimento daqueles faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total.
23.3.- A imposición de penalidade non exclúe a indemnización a que poida ter dereito a Administración polos danos e prexuízos ocasionados polo retraso imputable ao contratista.
23.4.- A constitución en mora do contratista non requirirá intimación previa por parte da Administración.
23.5.- Se se producise retraso no cumprimento dos prazos por causas non imputables ao contratista, a Administración poderá a petición deste ou de oficio, conceder a prórroga por un tempo igual ao tempo perdido, salvo que o contratista solicite outro menor, de acordo ao disposto no artigo 213.2 do TRLCSP.
24.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO. CUMPRIMENTO DEFECTUOSO OU INCUMPRIMENTO PARCIAL DA EXECUCIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
24.1.- No caso de que o contratista realizase defectuosamente o obxecto do contrato, ou incumprise o compromiso de dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais suficientes para iso, o órgano de contratación poderá optar por resolver o contrato con incautación da garantía constituída, ou ben impor unha penalización económica proporcional á gravidade do incumprimento, nunha contía que poderá alcanzar o
10 por 100 do orzamento do contrato. (art. 212.1 TRLCSP)
24.2.- Cando o contratista, por causas imputables ao mesmo, incumprise parcialmente a execución das prestacións definidas no contrato, o órgano de contratación poderá optar, indistintamente, pola súa resolución ou por impor penalidades, segundo a tipificación das infraccións, do seguinte xeito:
Infraccións: As infraccións cualificaranse en leves, graves e moi graves, segundo as circunstancias concorrentes, e especificamente, atendendo ó menor ou maior prexuízo que con elas se cause ó funcionamento do servizo ou ó público en xeral.
Considéranse infraccións moi graves as seguintes:
a. O incumprimento reiterado das condicións de execución do obxecto do contrato establecidas no presente prego, na oferta do adxudicatario, nas ordenanzas municipais aplicables e demais normativa aplicable, que produza consecuencias prexudiciais na prestación do servizo.
b. O incumprimento polo adxudicatario da normativa en materia laboral, de seguridade Social e de prevención de riscos laborais de obrigado cumprimento, así como as obrigas económicas derivadas do imposto sobre a renda das persoas físicas ( IRPF) e Seguridade Social dos empregados.
c. Ceder, subarrendar ou traspasar a totalidade ou parte do obxecto do contrato, baixo calquera modalidade ou titulo, sen previa autorización expresa do Concello.
d. As interrupcións ou suspensións na execución do contrato, agás cando concorran circunstancias debidamente acreditadas de forza maior ou previstas neste prego, ou aínda concorrendo se non se cumpre o previsto neste prego e no de condicións técnicas e económicas.
e. O incumprimento da obriga do contratista de manter en bo estado de uso e conservación os bens e instalacións adscritos ó contrato, sempre que mediara requirimento municipal para a corrección destas circunstancias, non atendido no prazo dun mes.
f. O incumprimento reiterado das ordes do Concello para a execución do contrato que sexan procedentes de acordo co contido deste prego, ao prego de condicións técnicas e económicas e da normativa vixente.
g. Falsear información a subministrar ao órgano de control do Concello, de conformidade co disposto neste prego de condicións e no de condicións técnicas e económicas.
h. A reiteración de dúas ou máis infraccións graves no período de seis meses.
i. O incumprimento da lexislación vixente en materia de confidencialidade de datos persoais e sen prexuízo das responsabilidades civís e penais que puidesen derivarse para o contratista.
Consideraranse infraccións graves :
a. O incumprimento da obriga de mantemento e conservación dos bens e instalacións adscritos ó contrato, agás que tivese o carácter de moi grave de conformidade co previsto no apartado anterior.
b. O incumprimento das condicións de execución establecidas neste prego, na oferta do adxudicatario, nas ordenanzas municipais aplicábeis e demais normativa aplicable, salvo que tivesen o carácter de moi grave de conformidade co previsto no apartado anterior.
c. A obstrución polo adxudicatario do control e fiscalización que debe exercer o órgano de supervisión e control do Concello, cando non sexa cualificada de moi grave.
d. A falta de contracción de pólizas de seguro que garantan en contía suficiente as responsabilidades a que se refiren este prego e o de condicións técnicas e económicas.
e. A reiteración de dúas ou máis faltas leves no período de seis meses.
Considéranse infraccións leves:
a. Todas as demais faltas non cualificadas como graves e moi graves e que supoñan incumprimento das condicións estipuladas neste prego e no de condicións técnicas e económicas, nas ordenanzas municipais e demais normativa aplicable.
b. Cando a infracción cometida transcenda o ilícito administrativo e revista os caracteres de delito ou falta, o Presidente porá os feitos en coñecemento das autoridades xurídicas competentes.
Sancións:
As infraccións cometidas polo xestor sancionaranse da seguinte forma:
a. As infraccións leves poderán ser sancionadas con multas de contía non superior aos 3.005,06 euros.
b. As infraccións graves poderán ser sancionadas con multas de contía entre os 3.005,06 euros e os 9.015,18 euros.
c. As faltas moi graves poderán ser sancionadas con multas de contía non superior aos 30.050,60 euros ou declarar a resolución do contrato.
Todas as sancións imporanse logo da audiencia e tramitación de expediente sancionador, de acordo coas normas reguladoras do procedemento administrativo sancionador.
V
SUBCONTRATACIÓN
25.- SUBCONTRATACIÓN (art. 227 TR LCSP )
25.1.- O contratista poderá subcontratar con terceiros a execución parcial do contrato,sempre que o importe total das partes subcontratadas non supere o 60% do importe de adxudicación do contrato.
Para levar a cabo a subcontratación da execución parcial de prestacións obxecto do contrato principal, o contratista deberá comunicalo por escrito ao órgano de contratación cunha antelación mínima de 5 días hábiles á data en que vaia iniciarse a execución do subcontrato, achegando, ao mesmo tempo, a seguinte documentación:
25.1.1.- Comunicación do subcontrato a celebrar, subscrita polo contratista e o subcontratista, con indicación das prestacións ou partes do contrato a subcontratar e o seu importe.
25.1.2.- Declaración responsable do subcontratista, formulada ante autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado, de non atoparse inhabilitado para contratar de acordo co ordenamento xurídico ou comprendido nalgún dos supostos do artigo 60 do TRLCSP.
25.1.3.- Declaración do contratista de que as prestacións a subcontratar, conxuntamente con outros subcontratos precedentes, se os houbese, non exceden do 60% do importe de adxudicación do contrato principal, con indicación expresa dos importes de cada un dos subcontratos realizados e da porcentaxe que o seu importe actual acumulado, incluído o que é obxecto de comunicación, representa sobre o orzamento de adxudicación do contrato
principal.
25.1.4.- Compromiso do contratista de cumprimento do previsto no artigo 227 do TRLCSP.
25.2.- As modificacións que se produzan nas prestacións obxecto do subcontrato ao longo da súa execución, deberán ser notificadas por escrito ao órgano de contratación, nun prazo non superior a quince días de producirse a mesma, con indicación das modificacións producidas.
25.3.- Será requisito indispensable para o abono das correspondentes certificacións ou facturas ao contratista, que o director ou supervisor da execución do contrato emita informe ou dilixencia facendo constar a porcentaxe subcontratada ata a data polo contratista para a execución do contrato principal ou, no seu caso, constatando que non se produciu subcontratación.
VI
MODIFICACIÓN DE CONTRATO
26.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO (arts. 88.1, 106, 210, 219 e 296 TRLCSP)
Sen prexuízo dos supostos previstos na normativa para os casos sucesión na persoa do contratista, cesión do contrato e prórroga do prazo de execución, o contrato non poderá modificarse, salvo nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, ca concorrencia dalgunha das seguintes circunstancias:
– Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas.
– Inadecuación do proxecto ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinen a súa falta de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, medioambiental ou similares, postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato e que non fosen previsibles con anterioridade aplicando toda a dilixencia requirida de acordo cunha boa práctica profesional na elaboración do proxecto ou na redacción das especificacións técnicas.
– Forza maior ou caso fortuíto que fixesen imposible a realización da prestación nos termos inicialmente definidos.
– Conveniencia de incorporar á prestación avances técnicos que a melloren notoriamente, sempre que a súa dispoñibilidade no mercado, de acordo co estado da técnica, se producise con posterioridade á adxudicación do contrato.
– Necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, medio ambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato].
27.- SUSPENSIÓN DO TRABALLO OBXECTO DO CONTRATO (art. 203 LCSP e 103 RG)
Se a Administración acordar a suspensión do contrato ou aquela tiver lugar pola aplicación do disposto no artigo 216.5 do TRLCSP e a cláusula 25.2 do presente prego, levantarase unha acta na que se consignarán as circunstancias que a motivaron e a situación de feito na execución daquel.
Acordada a suspensión, a Administración aboará ao contratista, no seu caso, os danos e prexuízos efectivamente sufridos por este, os cales se cifrarán de acordo ao disposto nos apartados 2 e 3 do artigo 300 do TRLCSP.
VII
FINALIZACIÓN DO CONTRATO
28.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO (arts.222, 307 TRLCSP e arts.108, 203.2 e 204.3 RG)
28.1.- O contrato entenderase cumprido polo contratista cando este realizase a totalidade do seu obxecto, de conformidade co establecido neste prego e no de prescricións técnicas e a satisfacción da Administración.
28.2.- Se o obxecto do contrato non se atopara en condicións de ser recibido, se deixará constancia expresa de tal circunstancia e se darán as instrucións precisas ao contratista para que subsane os defectos observados, ou proceda a unha nova execución de conformidade co pactado. Se pese a ilo, a prestación efectuada non se adecúa ao contratado, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ao contratista, a Administración poderá rexeitala, quedando exenta da obriga de pago, e tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito ata entón.
29.- RESOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO CONTRATO
29.1.- Ademais de nos supostos de cumprimento, o contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das causas previstas nos artigos 223 e 299 do TRLCSP dando lugar aos efectos previstos nos artigos 224 e 309 do TRLCSP.
29.2.- Á extinción dos contratos de servizos, non poderá producirse en ningún caso a consolidación das persoas que realizasen os traballos obxecto do contrato como persoal da Administración contratante. (art. 326.4 TRLCSP)
30.- PRAZO DE GARANTÍA (art. 222.3 e 305.2 TRLCSP)
30.1.- O obxecto do contrato quedará suxeito a un prazo de garantía de 12 meses, a contar desde a data de recepción ou conformidade do traballo, prazo durante o cal a Administración poderá comprobar que o traballo realizado se axusta ao contratado e ao estipulado no presente prego e no de prescricións técnicas. Transcorrido o prazo de garantía sen que se formulasen reparos aos traballos executados, quedará extinguida a responsabilidade do contratista.
30.2.- Durante o período de garantía, o contratista estará obrigado a subsanar, á súa conta, todas as deficiencias que se poidan observar no executado, con independencia das consecuencias que se puidesen derivar das responsabilidades en que puidese incorrer, de acordo ao estabelecido no presente prego e no artigo 305 do TRLCSP.
31. DEVOLUCIÓN OU CANCELACIÓN DA GARANTÍA DEFINITIVA (art. 102 TRLCSP)
31.1.- Cumpridas polo contratista as obrigas derivadas do contrato, se non resultaren responsabilidades que deban exercitarse sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía, no seu caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela.
32.2.- Transcorridos seis meses dende a data de terminación do contrato sen que a recepción formal tivese lugar por causas non imputables ao contratista, procederase, sen máis demora, á devolución ou cancelación das garantías, sempre que non se producisen as responsabilidades a que se refire o artigo 100 do TRLCSP.
A Guarda, 11 de novembro de 2016.
O Alcalde
Antonio Lomba Baz
ANEXO I
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE
D. _________________________, con domicilio a efectos de notificacións en _____________, r/ ____________________, n.º ___, con DNI n.º _________, en representación da Entidade ___________________, con CIF n.º ___________, a efectos da súa participación na licitación ________________________________, ante ________________________
DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:
PRIMEIRO. Que se dispón a participar na contratación mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia sanitaria médico/quirúrxica ós funcionarios do Concello da Guarda non acollidos ao sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social.
SEGUNDO. Que cumpre con todos os requisitos previos esixidos polo apartado primeiro do artigo 146 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público para ser adxudicatario deste contrato de servizos, en concreto:
— Que posúe personalidade xurídica e, se é o caso, representación.
— Que está debidamente clasificada a empresa ou, se é o caso, que conta cos requisitos de solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
— Que non está incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e encóntrase ao corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.
— Que se somete á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador. (No caso de empresas estranxeiras).
— Que dispón da acreditación e autorización administrativa expedida pola dirección xeral de seguros do Ministerio de Economía, para operar na rama do contrato, nos termos do artigo 5 do Real Decreto Lexislativo 6/2004, de 29 de outubro.
— Que o enderezo de correo electrónico en que efectuar notificacións é _____________________________________.
TERCEIRO. Que se compromete a acreditar a posesión e validez dos documentos a que se fai referencia no apartado segundo desta declaración, no caso de que sexa proposto como adxudicatario do contrato ou en calquera momento en que sexa requirido para iso.
E para que conste, asino a presente declaración.
En ____________, a ___ de ________ de 2016
Sinatura do declarante, Asdo.: ________________»
A N E X O II
MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA E ASPECTOS VALORABLES MEDIANTE CIFRAS
«D. _________________________, con domicilio para os efectos de notificacións en _____________, r/ ____________________, núm. ___, con DNI núm. _________, en representación da entidade ___________________, con CIF núm. ___________, convidado para participar na licitación, por procedemento aberto, do servizo de asistencia sanitaria médico/quirúrxica ós funcionarios do Concello da Guarda non acollidos ao sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social, fago constar que coñezo o prego que serve de base para o contrato e que o acepto integramente, que participo na licitación e que me comprometo a levar a cabo o obxecto do contrato polo seguinte importe:
…………………………………….€/anuais
Prima maxima unitaria por beneficiario ……………..€/mes
ASPECTOS EVALUABLES MEDIANTE CIFRAS DAS PREVISTAS NA CLÁUSULA 9.4 DESTES PREGOS:
……………….
……………….
____________, ___ de ________ de 2016
Sinatura do licitador,
Asdo.: _________________»
DILIXENCIA: E expido eu Secretario Acctal do Concello da Guarda en A Guarda a 19 de xaneiro de 2017 para facer constar que este prego foi aprobado por Resolución da Alcaldía de data 18 de xaneiro de 2017 (Decreto 28/2017)