(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Programación familiar para esta fin de semana na Guarda

    Programación familiar para esta fin de semana na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 10 Maio, 2022

    • Fin de semana longa que rematará o 17 de maio coa conmemoración do Día das Letras Galegas

    • Un espectáculo de clown e acrobacias e o recordo a Florencio Gurriarán marcarán a axenda da Ponte das Letras Galegas na Guarda

    Na tarde deste sábado 14 de maio (18:00h, Auditorio de San Benito), a diversión está asegurada para toda a familia co espectáculo de clown familiar C’est pas possible co que a artista Marta Iglesias (Marta Sempre Arriba) convídanos a comprobar que si é posible saír da rutina. Todos nós temos sentido algunha vez como a preocupación por ser eficaces, cumprir prazos e expectativas lévanos a esquecernos de gozar co que facemos.

    Acostumada a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de monta-lo pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artista brille na escena. Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vaise ver alterada pola ollada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer aquelo que cría imposible.

    En linguaxe clown e con acrobacia aérea, levará ao público a empaparse das emocións que esta personaxe vive na escena.

    A diversión para toda a familia continuará o martes 17 de maio ás 12:00h. na Praza de Avelino Vicente co Contacontos Florencio nas Ondas, no que a narradora Raquel Queizás achegaranos a figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Mediante a recreación dun antigo programa de radio descubriremos a vida de película deste personaxe, medio espía, medio fuxitivo, que contribuíu a dignificación de Galicia e a normalización da nosa fala nunha época escura.

    Xa para rematar o día festivo volverá ao Auditorio de San Benito o tradicional Festival polas Letras Galegas, que congrega aos principais grupos de baile e música tradicional da nosa localidade para render tributo a Florencio Gurriarán. Contará coa presenza de Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, Doxe nun ano, A Boalleira, Studio 88, Trebón dos Xidos, Na beira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas), Churumbela e a Agrupación Cultural Guardesa. A cita será ás 19:00h.

     

     

    FICHA-RESUMO DAS ACTIVIDADE
    ACTIVIDADE: C’est pas posible
    LUGAR: AUDITORIO SAN BENITO
    DATA: 14 de Maio de 2022
    HORA: 18:00h.
    Duración: 45 minutos
    ACCESO: DE BALDE, sen inscrición previa. Para tódolos públicos

    ACTIVIDADE: Florencio nas Ondas
    LUGAR: Praza de Avelino Vicente
    DATA: 17 de Maio de 2022
    HORA: 12:00h.
    Duración: 45 minutos
    ACCESO: DE BALDE, sen inscrición previa. A partir de 5 anos

    ACTIVIDADE: Festival polas Letras Galegas
    LUGAR: Auditorio de San Benito
    DATA: 17 de Maio de 2022
    HORA: 19:00h.

    ACCESO: DE BALDE, sen inscrición previa. Tódolos públicos

    Tag:A Guarda, cultura, Letras Galegas, programación

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Degusta Europa chega ao Mercado da Guarda o 31 de maio
    10 Maio, 2022

    Seguinte nova

    A Guarda continúa co Ciclo Medioambiental “Sostendo o Futuro”
    12 Maio, 2022

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web