(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • Degusta Europa chega ao Mercado da Guarda o 31 de maio

    Degusta Europa chega ao Mercado da Guarda o 31 de maio

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 10 Maio, 2022
    • A institución provincial lanza un ano máis “Degusta Europa” “un programa optimista, que fala de ser felices e con algo que nos identifica tanto como a gastronomía”
    • “Degusta Europa” comezará este xoves, 12 de maio no Mercado do Grove e percorrerá os mercados de Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda

    Un ano máis a Deputación de Pontevedra celebra o Día de Europa, no que se conmemora a “Declaración de Schuman” asinada en 1950, lanzando o exitoso programa “Degusta Europa”, unha actividade que se desenvolverá entre este xoves 12 e o día 31 nos mercados locais de O Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda. A través desta iniciativa “optimista, que fala de ser felices, de algo que nos identifica a todos os países como é a gastronomía” –remarcou a presidenta Carmela Silva- espallaranse tapas típicas de diferentes países de Europa tomando como base os produtos locais, representando, así, a unión dos pobos. Farase a través do fomento do comercio local e da cooperación cos concellos e cos CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo), encargados da preparación da degustación. A presidenta, acompañada dos alcaldes do Grove e da Guarda, José Cacabelos e Antonio Lomba, da concelleira e concelleiro de Pontevedra, Yoya Blanco e Iván Puentes, e dos directores dos CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio, fixo fincapé na necesidade de “celebrar o día de Europa por todo o alto, con alegría, poñendo en valor o que significa e a importancia de defendela con paixón, non permitindo que calen os discursos de odio, antieuropeístas que nada teñen que ver coa realidade do logrado”.

    “Hoxe celebramos Europa, o proxecto máis potente que se ten creado, que conseguiu establecer o Estado de Benestar e crear unha historia de dereitos como ninguén imaxinara antes” asegurou Carmela Silva. Por estes motivos apelou a celebrar “unha Europa Feliz, a través da gastronomía que tanto nos une, do encontro entre culturas e produtos, dos nosos pobos, das tradicións… e facelo dende o “optimismo”.

    Tamén se centraron na posta en valor do que significa Europa os alcaldes do Grove e da Guarda e a concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Yoya Blanco. José Cacabelos fixo un chamamento “á necesidade de dialogar e recuperar esa unión que permitiu desenvolver Europa” e alertou de que “estes primeiros trinta anos de século XXI estanse a parecer bastante aos primeiros do século XX”. Pola súa banda Antonio Lomba reivindicou a necesidade de “poñer no centro a Europa e berrar alto e claro que somos europeas/os, que queremos seguir sendo e que cremos en Europa”. Amais, tanto Cacabelos, como Lomba e Yoya Blanco, remarcaron a importancia da gastronomía como “a mellor forma de dialogar, compartir e abrir fronteiras”, enxalzaron o programa por ser “símbolo de unión entre centros de educación, concellos, Deputación e mercados” e convidaron á cidadanía a participar e asistir ao “Degusta Europa”.

    O programa que a institución provincial lanza con motivo do Día de Europa arrancará este xoves, 12 de maio no Mercado do Grove (11.00 horas) e continuará polos mercados de Mondariz (xoves 19 de maio, 11.00 h), Pontevedra (venres 20, 11.00 h), Gondomar (martes 24, 11.00 h) e Progreso de Vigo (xoves 26, 11.00 h) para rematar o 31 de maio no Mercado da Guarda (11.00 h). Nos tres primeiros casos (O Grove, Mondariz e Pontevedra) as tapas serán elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza e nos tres últimos (Gondomar, Vigo e A Guarda) polo CIFP Manuel Antonio, “dúas referencias de compromiso, talento, innovación, formación e ganas de construír unha provincia de excelencia”, dixo a presidenta provincial. Os directores de ámbolos dous centros educativos aproveitaron o acto de presentación de “Degusta Europa” para remarcar o papel da institución provincial e a súa estreita colaboración cos CIFP. “En Galicia non hai outro ente provincial que poña tanto en valor os centros de formación de hostalería como a Deputación de Pontevedra”, subliñou Manuel Hermo, director do CIFP Carlos Oroza, quen, ao igual que Rubén Otero, director do CIFP Manuel Antonio, destacaron a importancia de seguir construíndo Europa e convidaron á cidadanía a desfrutar das elaboracións que vai realizar o alumnado.

    As preparacións
    O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra preparará no Mercado do Grove ragout de feixóns, mexillóns, codium e froitos do mar (guiso francés), carpaccio de robaliza e brotes frescos (prato de Italia), Lemon Pie (sobremesa suíza) e, como bebida, un cóctel Bellini (Italia). No Mercado de Mondariz poderase degustar pan de pita con roupa vella de matanza e queixo galego (Grecia), Smoreebrob de troita (Dinamarca), Panaacotta de requeixo con mirabeles e moras (Italia) e, como bebida, un cóctel Negroni (Francia). E no Mercado de Pontevedra sopa de goulash de tenreira con pan de manteiga (República Checa), maatjesharing (Países Baixos), moules frites (Bélxica) e un cóctel Black Velvet (Irlanda).

    Pola súa banda o CIFP Manuel Antonio espallará polos Mercados da Guarda, Gondomar e do Progreso en Vigo a mesma proposta que consistirá nunha cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada; risotto cremoso de grelos con brocheta de galiña; desfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; tirabuzóns de calamar crocantes sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

    Tag:A Guarda, Degusta Europa, gastronomía

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O concello da Guarda reúnese co sector e entidades para presentar as actuacións seleccionadas ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino
    10 Maio, 2022

    Seguinte nova

    Programación familiar para esta fin de semana na Guarda
    10 Maio, 2022

    Tamén te poden gustar

    • Música para celebrar a Festa dos Avós na Guarda este domingo
      15 Xullo, 2025
    • Convocatoria de minuto de silencio contra os crimes machistas en Galicia
      17 Xuño, 2025
    • Convócase un pleno extraordinario urxente para este martes
      9 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web