(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • Remata o campamento urbano cun gran éxito de participación

    Remata o campamento urbano cun gran éxito de participación

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 2 Setembro, 2021

    • O Concello da Guarda continúa apostando firmemente pola conciliación no verán aumentando o número de prazas e a duración do campamento urbano.

    O campamento urbano 2021 do Concello da Guarda ven de rematar cun notable éxito de participación cun total de 60 nenos e nenas que participaron nas diversas actividades programadas que tiveron lugar nos colexios de Solanas, Sinde e no Castelo de Santa Cruz e para o que estiveron divididos en grupos burbulla co obxectivo de reducir os riscos de contaxio.

    Este ano o equipo de goberno considerou prioritario atender as necesidades das familias guardesas en relación á conciliación entre vida familiar e laboral durante a época estival, e para iso decidiu aumentar o número de prazas de 40 a 60, o que supuxo un incremento dun 50% respecto a anos anteriores.

    Ademais alongouse o período de duración do campamento e se reservou unha porcentaxe de prazas para nenos e nenas con diversidade intelectual, que estiveron apoiados por monitores con formación específica, aproveitando este entorno para favorecer a súa plena integración.

    Como ven sendo habitual o Concello da Guarda solicitou á Secretaría Xeral de Igualdade a subvención para conciliación que cubre actividades deste tipo, quedando en lista de agarda nun primeiro momento. O custo do campamento ascende a 18.000€ aproximadamente e coas aportacións das familias só se pode cubrir unha terceira parte do total.

    Malia este contratempo, o equipo de goberno apostou por seguir adiante coa idea de celebrar o campamento e decidiuse poñelo en marcha con fondos propios, retendo cantidades doutras partidas orzamentarias e incluso solicitando á Deputación de Pontevedra destinar fondos do Plan Concellos para asumir parte do custo do campamento, en lugar de para outras actividades que estaban planificadas inicialmente.

    En definitiva, tanto o Alcalde como o resto do equipo de goberno consideraron prioritario atender as necesidades das familias e apostouse por dedicar os recursos, tanto económicos como humanos, que foran necesarios. Tamén agradece o tempo e esforzo que as técnicas municipais tiveron que inverter para sacar adiante a contratación nun período reducido, persoal que podería estar dedicado á contratación doutros servizos, pero que o equipo de goberno preferiu destinar a solucionar os problemas reais da cidadanía.

    A finais de agosto recibimos unha moi boa noticia da Secretaría Xeral de Igualdade que, grazas a unha ampliación do crédito na liña de conciliación, notificou ao Concello a aprobación da subvención polo total da cantidade que se solicitara inicialmente. Con esta aportación poderá sufragarse gran parte do custo do campamento, e poderán destinarse os fondos propios inicialmente retidos no Concello para outras actuacións necesarias para o pobo.

    Tag:A Guarda, Campamento urbano, verán

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en outubro
    2 Setembro, 2021

    Seguinte nova

    A Guarda acolle ata o 12 de setembro o 90 Encontro Internacional da FICC 2021
    3 Setembro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • Avisos amarelos e laranxas hoxe e mañá
      12 Xaneiro, 2026
    • ADOS realiza a súa primeira visita á Guarda no 2026
      5 Xaneiro, 2026
    • Os Bolechas presentan na Guarda o seu novo xogo
      19 Decembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web