Rematan con gran éxito os obradoiros de conciliación realizados nesta Semana Santa na Guarda
- Un total de 30 rapaces e rapazas participaron ao longo da pasada Semana Santa nestes obradoiros, creados para favorecer a conciliación laboral e familiar.
Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas realizáronse de xeito gratuíto co obxectivo principal de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo de Semana Santa, así como promover a sensibilización en igualdade entre nenos e nenas dentro das diferentes actividades que se realizaron.
Os obradoiros tiveron lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril, coincidindo cos días non lectivos polas vacacións escolares de Semana Santa en horario de 8:30h a 14:30h no Centro Cultural da Guarda.
As crianzas tiveron a oportunidade de realizar diferentes actividades, con xogos, manualidades… nas que a convivencia e participación fixeron que a cativada da casa estivesen entretida e activa puidendo así conciliar a vida familiar e laboral
Para o Concello da Guarda é moi importante favorecer a conciliación laboral e familiar con obradoiros deste tipo, que ano a ano espertan un gran interese e contan cunha gran demanda.
Tag:conciliaguarda