Rexistro administrativo de explotacións avícolas non comerciais
De acordo coa Orde APA/2442/2016, e por mor da influenza aviar, no municipio da Guarda é obrigatorio xestionar un Rexistro administrativo de explotacións avícolas non comerciais. Este rexistro non ten outra finalidade que o mero coñecemento a efectos de sanidade animal, como medida exclusivamente de protección fronte a influenza aviar.
Poderán descargar o impreso de solicitude dende esta páxina: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR501A
O impreso cuberto poderano presentar no rexistro do Concello de A Guarda.