As Organizacións de consumidores son entidades de carácter privado, independentes, e constituídas sen ánimo de lucro, reguladas pola Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do consumidor e usuario.
A súa finalidade é a información, educación e defensa dos consumidores. Para a Información e defensa dos consumidores dispoñen de oficinas con servizos de asesoramento xurídico especializado, financiados a través das subvencións do Instituto Galego de Consumo, que intentan solucionar os conflitos de consumo por medio da mediación, ou a través dos Tribunais de Xustiza.
Estas Organizacions exercen a representatividade dos consumidores a través do Consello Galego de Consumidores e Usuarios dentro do Instituto Galego de Consumo, e en todas aquelas situacións nas que estean afectados os intereses dos consumidores.
[Prema aquí para ver a lexislación sobre as organizacións de consumidores]