Skeirrum repite na Guarda tras o éxito da súa primeira edición
- Skeirrum ten o dobre obxectivo de divertir e difundir coñecemento a través do xogo, gamificando a cultura, o patrimonio e a natureza.
Cintia Lomba e Erea Rodríguez, lanzan a 2ª edición de Skeirrum “Atrapados na Guarda”. O día 6 de agosto, ás 19:00h, comezará na Praza de Avelino Vicente da Guarda a Street Escape “Atrapados na Guarda”, evento dirixido á poboación xuvenil e adulta con ganas de enfrontarse ao novo reto que propoñen as autoras. Tras o éxito que conseguiron en agosto de 2022 no seu lanzamento con “A Guarda Misteriosa” este ano repiten cunha segunda edición.
A presentación deste evento celebrouse na mañá deste luns día 31 de xullo no Salón de Plenos do Concello da Guarda, contando coa presenza do concelleiro Aser Estévez e Erea Rodríguez
O xogo funciona a través dunha aplicación web para smartphones á que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia terá lugar no centro histórico da Guarda poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio.
Esta Street Escape da Guarda custará 9 € por persoa e será gratuíta para todos aqueles menores de 12 anos. Os menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto. Todos os pagos efectuaranse a través da súa páxina web.
O obxectivo é pasar unha tarde divertida, convocando a moitos participantes e premiando aos gañadores. O comercio local da Guarda xunto co concello colaboraron para que aqueles participantes máis rápidos poidan acceder a numerosos premios.
Podes apuntarte ao evento a través da súa páxina web buscando en actividades “Atrapados na Guarda” www.skeirrum.com