Te atreves co desafío de Skeirrum na Guarda?
As Guardesas, Cintia Lomba e Erea Rodríguez, lanzan a primeira Skeirrum na súa vila. O día 7 de agosto, ás 19:00h, comezará na praza de Avelino Vicente da Guarda a inauguración da Street Escape “A Guarda Misteriosa”, evento dirixido á poboación xuvenil e adulta con gañas de enfrontarse ao desafío que lles propoñen as autoras. O obxectivo é por en valor a historia e o patrimonio da Guarda a través dunha aventura ao estilo das buscas do tesouro.
Skeirrum é un proxecto que ofrece experiencias totalmente personalizadas para promover a cultura, o patrimonio e a natureza. Tratase dunha proposta dixital que desenrola Street Escapes, escape rooms ao aire libre.
O servicio funciona a través dunha aplicación web para smartphones á que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia terá lugar no casco urbano da Guarda poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio.
Está previsto que esta primeira Street Escape da Guarda sexa gratuíta e permaneza activa durante un ano, pero para o seu lanzamento as autoras están organizando un gran evento. O obxectivo é pasar unha tarde divertida, convocando a moitos participantes e premiando aos gañadores. Para elo convidan ás empresas locais a colaborar co evento, calquera aportación será ben recibida e é unha boa forma de darlle visibilidade ao comercio local.
Para colaborar contactar con info@skeirrum.com
Pronto terán máis noticias que contar, estade atent@s ás súas redes sociais. @skeirrum