TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN DUN TRABALLADOR TEMPORAL PARA A OFICINA DE TURISMO DA GUARDA
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 0344/2015, de 26 de maio as bases para a contratación laboral temporal de unha praza de persoal para o Oficina de turismo no Concello da Guarda, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias, RESOLVE:
PRIMEIRO: Tribunal Cualificador:
Presidente: Dona Soledad Rodriguez Crespo, Traballadora Social do Concello da Guarda (Titular); dona Lourdes Ruiz Abad, directora do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
Secretario: Don José Carlos Martinez Crespo, Secretario Acctal. da Corporación (Titular); ou funcionario que legalmente a substitúa.
Vocais:
Dona Mª Soledad Diz Amil, Bibliotecaria do Concello da Guarda (Titular); don Ubaldo Zabala Arbulu, profesor do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
Dona Ana LLorca Maneiro, Interventora do Concello da Guarda (titular);dona Mª Emilia Fernandez Rodríguez, Tesoureira Acctal. do Concello de A Guarda (suplente).
Dona Natalia Franco Fernandez, Técnico de Administración Xeral do Concello do Rosal (titular); Don Víctor Alonso Treinta, profesor do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
Dona Mª Isabel Rodríguez Pazos, mestra (Titular); dona Dona Rosario Guerrero García, persoal laboral do Concello de A Guarda ( suplente).
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Alcalde cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
SEGUNDO: A constitución do tribunal cualificador terá lugar o 29 de xuño de 2015, ás 08:45 horas, no Antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde (Rúa Puerto Rico) do Concello de A Guarda. A continuación se procederá á realización da proba teórica prevista nas bases da convocatoria.
TERCEIRO.- Publicar a presente resolución na web e no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
A Guarda, 22 de xuño de 2015
O ALCALDE en funcións
Asdo.: Miguel A. Español Otero